Durante a Guerra Civil española ambos bandos cometeron atrocidades,
que o dereito internacional xa cualificaba de crimes contra
a humanidade. Durante o franquismo, a represión continuou.
Algunhas voces manteñen que "é mellor non remover o pasado",
pero quen o ignora está condenado a repetilo. Mentres que
as vítimas dun bando recibiron todo tipo de prebendas no franquismo,
outras e quen sufriron a represión franquista foron esquecidas.
En poucas semanas, o Parlamento español votará o proxecto
de lei de "dereitos das vítimas da Guerra Civil e o Franquismo"
co que Goberno intenta pasar páxina sobre abusos e crimes
pasados, ignorando normas internacionais relativas ao dereito
á verdade e o deber de recordar, e ao dereito das vítimas
a interpoñer recursos e obter reparaciones. O proxecto ten
trazas de converterse nunha Lei de "Punto Final"
porque oculta e privatiza a verdade, non ofrece xustiza e
ofrece unha reparación escasa. Confirma a tendencia dos últimos
30 anos cara a unha reparación económica parcial e sen conexión
cos graves abusos contra os dereitos humanos, que brillan
pola súa ausencia, e nin sequera inclúe a anulación das sentenzas
dos xuízos sumarísimos de persoas condenadas a matar.
Se non se enmenda, o proxecto supoñerá un perigoso antecedente
de impunidade fronte a outros abusos contra os dereitos humanos
que poidan cometerse en España no futuro ou que poidan ocorrer
no pasado (caso do País Vasco). ¿Terá que derrogar España
dentro de 20 anos esta "Lei de Punto Final" como
ocorreu en Arxentina ou crear leis de nulidad que verdaderamente
recoñezan os dereitos das vítimas da guerra civil e do franquismo?
¿Non foron suficientes 70 anos de esquecemento?. Amnistía
Internacional iniciou unha campaña para conseguir cambios
no Proxecto. Infórmese en www.é.amnesty.org