|
A
democracia da língua
| Xesús López Fernández |
Témolo comentado outras veces: a formación dos idiomas
é eminantemente social. Volvemos recomendar un libro de Alex Grijelmo,
"El Genio del idioma", no que se fai un relato da formación
do español ó longo dos séculos, de cómo o "xenio" marca
os "tempos" a unha sociedade ágrafa pra cada nova diferenciación,
prós distintos cambios de psicoloxía e que, chegado un momento determinado,
extrañamente, non son xa posibles cambios como os operados en tempos
anteriores. O xenio está presente, estívoo dende o momento auroral
no que o latín comezou a se diversificar. E marcou sempre o camiño
pra que a sociedade fose construíndo unha obra suprema como é o
castelán, de fácil ortografía; tamén outra obra querida por moitos
de nós, o galego, rescatado por Rosalía e Curros, os verdadeiros
faros do ben falar, como no 1910 decía Risco: traballar científicamente
o leigado de Rosalía e Curros. Non se fixo.
Nalgunha ocasión teño lembrado a recomendación do P. Sarmiento de
que fixerámo-lo idioma a partir da fala e non co referente do distanciado
portugués, do que o frade avisaba, en relación co diccionario de
Bluteau, que "si se retiraban as voces non portugueses, ou
que son facultativas extrañas, quedaría reducido a un puro esquelete".
I éso está a pasar dende que, xa por autoodio, xa por estaren asentados
nun nacionalismo fracasado, algús están a forzaren a nosa fala a
esa deriva ³ilusa², case a dinamitala, metendo no noso léxico, como
"propias", palabras traídas da ³cisterna² lusa: outra
psicoloxía lingüística, outra pronunciación, outra ortografía e,
naturalmente, un nacionalismo non galeguista. Así está o idioma
desta volta, no seu peor momento, porque a sociedade galega non
se identifica co "galegués" que lle colaron á RAG, cuia
aceptación pareceunos un gran erro. Digamos, de paso, que os ingleses
non teñen Academia; ou que a Real Academia Española leva moitos
anos exercendo o seu lema de "limpia, fija y da esplendor",
dacordo cos cambios que a sociedade vai forxando. A Academia non
inventa. E as normas deben cambiar cada moito tempo, como os franceses,
que levan máis de cen anos sen lle tocaren ás súas.
É
lóxico que o castelán teña gañado terreo na nosa terra contra as
normas cambiantes aquí impostas, fin da fala popular. Pasáronse
da raia; daí o desleixamento crecente, o desánimo existenteA aparición
de "Galicia Bilingüe", arestora en campaña de recollida
de asinaturas, ¡e van 20000!, presente no auditorio de Caixanova
o pasado venres 25.11, pode marca-lo camiño de volta ós deberes
ben feitos. A asistencia ó acto de 800 persoas é demostrativa da
preocupación existente, de que podemos estar a marcar un punto de
inflexión na defensa dunha verdadeira ensinanza bilingüe. Os datos
aportados pola plataforma son preocupantes, estarrecedores, á hora
de enumerar "compra de vontades, servilismos mediante subvenciós,
creación de grupos sectarios en tódo-los ámbitos, o labor dos comisarios
políticos, a desfiguración do idioma galego por medio de modismos
portugueses", contra o predicado polo P. Sarmiento. O galego
está certamente ferido.
Entérome pola web de "Galicia Bilingüe" dalgús aspectos
da súa organización. Se no seu manifesto fan defensa de ámba-las
linguas e do dereito dos cidadáns a se expresar en calquera delas,
afirman tamén que a Administración débese abster de impoñer hábitos
lingüísticos, que só os falantes son titulares de dereito. Que a
súa actuación estea aínda no nacente non impide que xa teñan acadado
un abano de propósitos ben definidos, antre eles o de informaren
con criterios pedagóxicos e sociolingüísticos, etc., ser fonte de
información e asesoramento, mesmo afirmaren que Bruselas non dou
apoio ó decreto do galego e que Galicia Bilingüe é xa consultada
por Europa sobre a situación do galego no ensino, o que invita á
reflexión, mesmo a considerar que a salvación democrática de galego
e castelán, na nosa terra, pode depender da penetración da plataforma
na nosa sociedade. Difícil, pero posible.
26/11/07
|