|
Da
campaña electoral
| Xesús López |
Andan os partidos cos prolegómenos da campaña. Unha das constantes
é rebaixar ó contrario, desacreditalo antes con palabras que con
argumentos. ¿Vai a economía tan ben como nos contan? ¿Será certa
esa bonanza fiscal que, dende diversos púlpitos, nos anuncian? A
recesión está aí, con problemas de fondo calado, percibida polo
común das xentes. As agresiós á calidade de vida, á educación, á
institución familiar, aprécianse de forma clara dende as bases da
nosa sociedade, como quedou patente na convocatoria multitudinaria
en defensa da familia cristiá, o pasado 30.12.2007, en Madrid. O
clamoroso éxito da mesma puido coller a máis dun grupo por sorpresa,
que mesmo andan aínda a negaren valor ás declaraciós de Rouco e
García Gasco, pra min máis que correctas necesarias, porque a perda
de valores require unha reacción social enérxica, unha toma real
de conciencia máis alá dos discursos fáciles, e o exercicio do voto
nos próximos comicios como aval á opción menos mala, que non sabemos
cal vai ser porque, pensando no voto católico, en España non existe
un gran partido que se defina como demócrata ou social cristián.
O tema do cambio climático vai estar na campaña. Xa veremos cómo
de novo, facendo burla da nosa memoria, nos han falar da defensa
da Lei, do desenvolvemento sostible e da restauración ambiental
e social de espacios degradados os que xa hai tempo perderon o seu
discurso e que, desta volta, nada deberían decir. Van meter en campaña
o discurso de Al Gore, do que moitos podemos estar convencidos.
Pero nos negamos a lle dar credibilidade ós políticos que tiveron
xa a oportunidade de nos demostrare que ían pola vida como ecoloxistas
sinceros. Incluso no eido católico, no que hoxe existe unha clara
doutrina papal en defensa do medio ambiente, non se ve unha aposta
decidida en apoio do mesmo, pola defensa da vida. E haberá que estar
moi atentos ó que nos digan os partidos, coa particularidade de
que hai cuestiós nas que teñen unha verdadeira culpa de que non
se teña progresado máis na defensa ambiental, na educación, na solución
de problemas económicos, no apoio ás familias
. Non deixemos de vista a manifestación católica do 30.12, que parece
acendeu a mecha dun debate a unha banda, como se o Goberno se creese
dono absoluto da razón, de descalificar a unha Igrexa Católica que
non se vai presentar ás urnas, como si esa circunstancia representase
un impedimento á hora de opinar, de discrepar, de denunciar aquelas
actuaciós e leis que poidan estaren mesmo en contra dos dereitos
humáns. Eso podémolo estimar moitos cidadáns que non comprendemos
que o Goberno leve máis de dez días co monotema da dita manifestación
temeroso, según certos medios, de que incluso no propio partido
poida medra-la fantasma da abstención a causa de decisiós tomadas
ó longo destos anos de gobernación errática. Que o Goberno non comparta
os criterios da Igrexa, non-o autoriza a desautorizala, [arraizada
como está na historia, na cultura e nas sociedes europeas i española]
a se expresar libremente sobre leis contradictorias co sentido cristián
da familia.
Por duras que fosen estas opiniós non poden ser consideradas como
ilexítimas, porque tampouco é o Goberno o depositario dos dereitos
cidadáns, como indicaba o ABC no seu editorial do 11 de Xaneiro,
no que tamén opina que se o PSOE tivese unha máis clara intención
de voto en relación co PP non se tería producido o enfrontamento
coa xerarquía católica e sería outro o tono do mesmo, no que o PSOE
está a perder non poucas enerxías na arrancada do ano. O partido
encárase cunha institución que sabe aguanta-las tensiós e os conflictos,
ou mesmo que o seu radicalismo pode afuxentar votos. En fin, os
partidos están prácticamente en campaña, preparando discursos e
debates ós que haberá que estar atentos procurando, en cada caso,
retirar dos mesmos a palla que han meter pra nos prometeren o máis
feliz dos mundos. E a Igrexa e os cidadáns, que denuncien canto
teñan que denunciar.
16/01/08
|