A semana pasada estivo cargada de noticias en torno á decisión de
Rajoy de prescindir de Gallardón, algo censurado dende o seu propio
partido; tamén dende o PSOE, con comentarios que, ás veces, teñen
categoría de insultos. Pero o que está a encanalla-las soflamas
parece ter, sobre todo, relación coa nova fichaxe do PP: a integración
nas súas filas de Manuel Pizarro, o que fora presidente de Endesa:
un tabeirón, según Pepiño Blanco -posible ministro de Fomento socialista
se o PSOE gaña os próximos comicios, según diversos medios-. Pero
o valor de Pizarro está a ser reconocido dende moitos sectores,
e o califican como gran xestor, como o home que soupo capitanear
Endesa cando foi da OPA promovida contra a empresa, algo que a Artur
Mas lle vale pra decir que os movementos do PP apuntan a unha maior
radicalización e que poden ser malos pra Cataluña. O que parece
claro é que, coa nova fichaxe, algo pode estar a cambiar nas quinielas
prós comicios do 9M.
Nas primeiras declaraciós, Pizarro -que tamén se define como ambientalista-
motrouse como home de ideas claras, de discurso fácil, moi didáctico,
e todos entendémo-lo que significa unha expresión como a de que
"o diñeiro onde mellor está é no peto dos contribuíntes",
como tamén a calificación que del se fai no sentido de que entrou
no PP pra servir ó partido antes que pra se servir a si mesmo; que
ten un diagnóstico da economía máis axustado á realidade que non
as recetas erráticas en uso, e unha vontade reformista certa e de
amelloramento fiscal, algo polo que a sociedade pode apostar. O
nerviosismo parece ter calado no PSOE como consecuencia deste movemento
de ficha do PP. E será bo vé-lo debate antre Pedro Solbes e Pizarro,
proposto polo ministro socialista, aceptado polo candidato do Partido
Popular, que está disposto a debatir con quen faga falta. I éso
é importante.
Apuntan algús que o home ten chegado no momento oportuno. E, neste
sentido, Ignacio Camacho [ABC, 19.01.2008] afirma que o PP ten fichado
a un home de enorme polivalencia; que pode ser vicepresidente económico,
ministro político ou un xestor de responsabilidades do Estado, con
madeira sobrada de portavoz parlamentario, matizando, ademáis, o
que del xa se sabe: que entrou na escea como militante, disposto
a suda-la camiseta, dito en términos deportivos, os que o propio
home usou. Pretenden descalificalo por ser millonario, o que pode
ser garantía dunha maior honradez, porque "no evanxelio liberal
non está escrito que un rico non poida entrar en política coas recetas
pra que calquer cidadán poida chegar a selo", lembra Ignacio
Camacho. E ós ataques de Zapatero sobre radicalización do PP acaba
de contestar Aznar ó decir que o Goberno español "ten os dirixentes
de esquerda máis ultras de toda Europa". Os radicalismos, sempre
malos.
Nos debates a promover na campaña hanse tratar temas de interese
xeral nos que grandes sectores da sociedade son discrepantes dende
hai anos. Examinado o fracaso da ensinanza; telumbrado que o que
chega coa Educación prá Cidadanía é unha forma máis de alienación
xa contestada ante a Xusticia, que se ten definido en diversas sentencias
a favor dos alegantes, en Asturias e Andalucía, digamos que o PP
propón asumi-lo modelo Sarkozy de Educación: máis calidade e disciplina
pra reduci-lo fracaso escolar ó 10% en oito anos, porque hai estudiantes
españoles que están á cola de Europa. Piden libertade contra o adoutrinamento
de asignaturas como EpC; unha maior e universal formación clásica
do alumno; máis disciplina, porque a escola debe ser lugar prá transmisión
de normas antes que de entretenimento; non discriminación, coa posibilidade
de que a educación en castelán sexa sempre posible. A lingua familiar
debe ser un dereito á hora de falar da educación dos estudiantes,
traumatizados cando se lles impón un idioma distinto do por eles
falado no eido familiar, decimos nós, cando non se valora a lingua
lar.