Como os españoles todos, os bispos tamén están convocados ás elecciós
do 9M. Que teñan recomendado na súa debatida nota que se vote a
opciós que defendan o dereito á vida e á familia; que se teñan pronunciado
en contra do terrorismo ou denunciado as dificultades crecentes
pra que os pais poidan optar pola Relixión como asignatura na que
educar ós seus fillos; que defendan tamén "a vida humáa en
tóda-las súas etapas" e reclamen igualmente medidas de integración
social, de atención prós inmigrantes e mulleres maltratadas; tamén
de defensa da natureza, é algo que non debería ser cuestionado si
realmente estamos en democracia. Pero parece que as críticas parten
dunha información previamente sesgada e manipulada. Din algús, cunha
carga de odio que non se entende, que están a pediren que non se
vote ó PSOE, cando realmente están a popoñeren que se vote en conciencia,
e a súa recomendación pode mesmo aconsellar un programa certo de
actuación social.
Reproduzamos parte do comunicado: "Parécenos que os inmigrantes
están especialmente necesitados de atención e axuda. E, xunto cos
inmigranes, os que non teñen traballo, os que están sós, as mozas
que poden caer nas redes da prostitución, as mulleres humilladas
e ameazadas pola violencia doméstica, os nenos, obxeto de explotaciós
e abusos, e os que non teñen casa nen familia que os acolla. Hai
que traballar tamén pra sobarda-las inxustas distancias e diferencias
antre as persoas e as comunidades autónomas, tentando resolve-los
problemas máis agudos, como son o traballo, a vivenda accesible,
o disfrute equitativo da natureza, compartindo tamén dons indispensables
prá vida como a auga e coidando con esmero o patrimonio común da
creación". Esta parte do discurso non é criticada. ¿Por qué
se hai nela moita denuncia que se podería concretar pola actitude
inorde do goberno e da oposición?
A xunta islámica pideu o voto prós "progresistas", mais
parece que á hora de xulga-lo referente musulmán bótase man dunha
vara distinta de medir que cando se censura ós curas de Roma. De
certo, parece como se a Igrexa lle brindara desta volta un gran
servicio ó PSOE ó lle posibilitar unha serie de soflamas en contra
dela, o flamear dunha serie de bandeiras de carácter anticonfesional
coas que poden tentar distraer ó persoal de asuntos como o da recesión,
a inflación, a carestía da vida, a crisis na construcción, o problema
derivado das hipotecas "subprime" que vai mazar, fundamentalmente,
nos máis homildes, nas víctimas dos traballos precarios, que non
teñen a posibilidade de blinda-lo seu futuro como fan os altos cargos
co plus que precisen prá "dignificación" do exercicio
público. Sí, moitos dos déficits que se dan na política social están
aludidos no documento dos bispos de forma clara.
Así vísta-las cousas, ¿por quén votar? Ou perguntado doutro xeito,
¿de quen temos de nos defender? Porque moitos cidadáns non ven que
exista unha opción clara, cun programa mínimamente coherente. No
fondo, a sociedade procura estar á defensiva, moita xente nela non
cree nos partidos porque o exercicio da política, privado de transparencia,
privado da acción dunha Xusticia independente, derivou a unha situación
de "agnosticismo" en relación cos diversos discursos dos
partidos. E non parece posible a práctica dun voto exemplar, como
se non quedase outra opción que a de votar polos menos malos. Esa
ven sé-la misión cidadá do mes de marzo. Como decía Gabriel Albiac
o pasado 1 de febreiro, en La Razón, "un é cidadán en lexítima
autodefensa fronte a esa apisonadora [encarnada no Poder], que vai
sobrevivir contra tódo-los nosos esforzos". Coido que o filósofo
define con toda crudeza a situación que realmente estamos a vivir.
¿Necesidade de votar? Sí, polo menos malo. Non hai outra alternativa.
Porque non existen programas debidamente explicados, por existir
unha falta real de transparencia. Os discursos, tantas veces opacos,
non convencen. Así nos vai.l