| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
El artículo

O PG non se presenta as eleccións xerais
| Partido Galeguista |


A Executiva Nacional do Partido Galeguista tomou a decisión de que o partido non se presentará ás vindeiras elecións xerais. A decisión tomouse tras un debate franco e aberto no que se tiveron en conta tódalas razóns que pesaban nun senso e noutro. Tívose en consideración o feito de que somos un partido en expansión, pero partimos dunha reactivación recente (o PG ven de retoma-la súa actividade pública dende hai só tres anos), e compre xerarquizar o uso de recursos humanos e económicos.

Neste senso, non hai dúbida de que o Partido Galeguista tén como obxectivo primordial asegurar unha forte presenza no próximo Parlamento Galego, como unha alternativa ao actual tripartito parlamentario, pois BNG, PP e PSdeG-PSOE só se dedican a facer pelexas partidistas esquecendo as súas obrigas de defensa dos intereses galegos.

O feito de que Galicia estea a quedarse atrás con respecto da maioría das Comunidades Autónomas do Estado Español, como está a ocorrer co noso Estatuto de Autonomía, é unha boa proba. Por iso focalizaremos tódolos nosos esforzos dende agora mesmo na angueira de convertenos nunha peza clave na próxima composición parlamentaria. Tamén dende agora mesmo faremos un seguimento das propostas programáticas nas elecións ao Parlamento español que afecten a Galicia e presentarémo-las as nosas alternativas.

Non promoveremos unha orientación de voto específica, pero animamos á poboación galega a que participe nas elecións e, sobre todo, que non se conforme con entregar o voto, senón que faga despois un seguimento do grao de cumprimento dos compromisos programáticos ofertados (xa está ben de enganar ós cidadáns!), e esixa con regularidade unha rendición de contas por parte do goberno resultante. E, para rematar, facemos público o noso compromiso de que, logo destas inmediatas eleccións ao Parlamento español, o PG concorrerá a tódolos procesos electorais que se dean no noso País.

05/02/08

No hay comentarios


©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad