|
Debates
da campaña
| Xesús López Fernández |
En Política pode ser difícil decantar, expoñer de forma coherente
nun programa que vai dos grandes temas, a posible solución a problemas
de carácter local que, se perduran, é porque as distintas Administraciós
e grupos políticos non estiveron, nen están, pola reposición da
legalidade, algo que case sempre teñen que denuncia-los diversos
colectivos cidadáns. Enténdese que os problemas de índole local
queden esvaídos, citados ó mellor nalgún simple anuncio ou visita
de emisarios como asuntos, agora sí, de tratamento preferente. Non
sei por qué andan algús a liquidaren a case nula credibilidade ecoloxista
da que podían dispór, prometendo máis infraestructuras, máis agresiós
ó patrimonio común, ou a aplicación de baremos socioeconómicos que
nada teñen que ver coa restauración do capital social perdido a
consecuencia do traballo mal feito. Refírome a asuntos como o de
certas actuaciós urbanísticas, o arraso da beiramar, o saneamento
que non é tal, cando a recuperación medioambiental, a restauración
do capital natural e a loita do cambio climático terían de ser temas
estrela nestas elecciós, tratados con dignidade.
Que Mariano Rajoy teña prometido a prantación de cincocentos millós
de árbores pode ser bo; pero deberá aclararnos qué árbores, se os
que poden cumprir unha función restauradora do clima, dos acuíferos
e da paisaxe, ó tempo que crear unha riqueza certa, que non o monocultivo
arrasador que acabou coa identidade desta terra galega i, en parte,
coa riqueza agrogandeira do país. Teríame agradado que no debate,
porque foi un debate máis que unha entrevista, que mantivo con Iñaki
Gabilondo o pasado Xoves 7, na Cuatro, lle tivesen prantexado cuestiós
que estiveron prácticamente ausentes no diálogo, que non certos
³grandes temas²: España, gran país que pode ser moito mellor; Política
terrorista: que si o PP como goberno cumpreu co PSOE cando éste
era oposición; que, co PP, ETA estaba fóra das instituciós; que
si a doutrina contra o terrorismo é a do pacto do ano 2000.
Algunhas das perguntas parecían dardos, en temas como o da inmigración,
prá que Rajoy propón facela máis selectiva, condicionada a un contrato
de integración, clara censura ó efecto chamada da regularización
masiva anterior, que representou unha carga pró país doutro millón
douscentos mil inmigrantes irrregulares. Tema premiosamente tratado,
asegurou Rajoy que o contrato do que falaba existe xa en Europa
e que España leva recibido máis xente extranxeira que Alemania,
Francia e Reino Unido xuntos, nos últimos tempos. Tema de urxente
tratamento pra evitare futuros problemas serios. Tamén negou Rajoy
que ZP fixera grandes cousas en Economía, na que Solbes decía agotado.
Con humor galaico dixo que a ZP preocupáranlle máis a memoria histórica
e Franco. Pero a Economía está globalizada e China ou a India están
crecendo a razón do 10%. A Economía é como os vellos relós de corda,
que llo tiña comentado a ZP, avisado de que o reló vai parar.
Non faltou no debate o tema dos bispos, o consello dado ós católicos,
ou a afirmación de Gasco de que a laicidade conduce á fin da democracia.
Foi o momento no que Rajoy dixo ³Pregúnteselo a ZP². Pideu tolerancia,
porque el, católico, non se enfadaba polo feito de que a Xunta Islámica
pedira o voto pró PSOE e IU. O home, incisivo, mostrouse disposto
a debatir. Dúas veces, mellor tres. Iñaki decía máis tenso. E cara
á fin da conversa, lembrou que coa Transición establecérase unha
pausa, en relación coa guerra civil, pra afronta-lo futuro i esquecer
rencores; que, nese sentido, tanto Suarez como Calvo Sotelo, Felipe
González ou José María Aznar fixeran honor a ese acordo. Porque
en tóda-las familias, por parte de pai ou de nai, hai memoria de
dolores. ¿Por qué reabri-las feridas? Mellor que debatan sobre Economía,
creación de riqueza e, sí, de inmigración. Sereamente, como agora
parece está a facer Sarkozy en relación cos guetos existentes en
Francia. E que falen, sen mentir, sobre Ecoloxía.
11/02/08
|