As curtas presentadas aos premios gaudí
chegan A Coruña
|
|
|
noticiasgalicia.-
A Academia Galega do Audiovisual proxectará
o vindeiro luns ás 19.00 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia (Cantón
Grande 21-24), as curtas nominadas nos Premis Gaudí deste ano, que se
celebrarán o vindeiro día 6 de febreiro en Barcelona.
Así, poderemos gozar coas seguintes obras: Ahora no puedo, de Roser
Aguilar; El barco pirata, de Fernando Trullols; Odysseus´Gambit (El
sacrifici de l´Ulisses), de Álex Lora; e El somriure Amagat, de Ventura
Durall. Entre os dramas, exhibirase "Ahora no puedo", que
trata a historia de Sara, unha actriz nova que desexa recuperar a súa
vida profesional tras vivir a experiencia de ser nai.
Entre as comedias, destaca "El barco pirata", unha simpática
historia que relata a forma que ten un pai en paro de satisfacer os
desexos do seu fillo cos poucos aforros dos que dispón. Tampouco faltarán
as obras documentais, como "Odysseus" Gambit (El sacrifici
de l´Ulisses), e "El somriure amagat", que fai unha reflexión
en clave de fábula sobre os valores xerados nunca sociedade formada
por nenos. Tedes máis información na web www.academiagalegadoaudiovisual.com
|
|
|
|
|
|
|
|