El Tiempo

A Xunta lembra que a variante de Noia que non foi capaz de tramitar o bipartito era case tres veces máis cara que a adxudicada polo actual goberno

noticiasgalicia.- O contrato da variante de Noia foi adxudicado á oferta mais vantaxosa segundo os baremos técnicos e económicos estipulados no prego de contratación ao que todo o mundo pode acceder, xa que é público, ao igual que a baremación e as puntuacións obtidas polas empresas.

Do total de 20 ofertas presentadas, un total de 9 estaban en baixa temeraria. A primeira oferta non temeraria era de 31,98 millóns de euros. Adxudicouse á oferta de 32,9 millóns de euros (920.000 euros mais cara) polo peso que proposta técnica, claramente mellor, tivo na puntuación final.

Por outra banda, cabe lembrar tamén que a variante de Noia polo interior que tiña previsto facer o bipartito, e que non foi capaz de iniciar, tiña un custe de 80 millóns de euros, polo que a actuación que vai a levar a cabo o actual Goberno implica un aforro de 47 millóns de euros para as arcas autonómicas con respecto ao que pretendía facer o bipartito.

Pese á demagoxia e os atrancos do principal partido da oposición, a Xunta vai facer unha auténtica variante de Noia: máis vertebradora, cun trazado mais curto, con menor impacto ambiental e, ademais, en menos tempo e por menos da metade de prezo do que pretendía facer o anterior goberno.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas