|
|
 |
|
 |
 |
|
|
|
ACEBE.CCA presentou unha nova campaña
promocional dirixida ó pequeño comercio
|
noticiasgalicia.-
A Presidenta da ASOCIACIÓN
DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS, Antonia Anido presentou,
acompañada pola Alcaldesa de Betanzos María Dolores Faraldo,
unha nova campaña de promoción comercial dirixida ó pequeno
comercio de Betanzos e que se desenvolverá baixo o lema "VOLTA
Ó COLE COMO SEMPRE E LEVA AGASALLOS COMO NUNCA".
A campaña pretende incentivar as compras no pequeno comercio
local nunhas datas nas que, coincidindo co inicio do curso
escolar, as familias adoitan realizar múltiples compras. A
mecánica desta acción é novidosa xa que ten como principal
protagonista á páxina web de ACEBE.CCA e ós propios clientes
que terán unha participación activa na mesma para poder acadar
algún dos máis de 70 regalos que se sortean e que van desde
cheques regalo, ceas, packs escolares, tecnoloxía ou estancias
de turismo rural entre outros.
MECÁNICA DA CAMPAÑA
Os establecementos comerciais repartirán ós seus clientes
códigos alfanuméricos por cada compra superior a 10 ¤ podendo
entregar ata un máximo de 2 códigos por compra. Os clientes
deberán introducir o código que se lles entregue nun espazo
habilitado para tal fin na páxina www.comerciodebetanzos.com
xunto cos seus datos persoais e de xeito automático a aplicación
informática os informa sobre si acadaron ou non algún dos
máis de 70 premios. No caso de que o código non resulte premiado
entrará no sorteo dun premio final que se sorteará entre todos
os participantes.
EN TÓDOLOS CASOS É IMPRESCINDIBLE CONSERVAR O TICKET DE COMPRA
E O CÓDIGO para poder reclamar o premio. As bases do concurso
estarán disponibles a partir do 1 de setembro na páxina web
da asociación www.comerciodebetanzos.com |
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|