O grupo municipal socialista de Dodro ven
de presentar unha moción para o vindeiro pleno municipal relativa ao
Consorcio Terras de Iria
|
|
|
noticiasgalicia.-
O grupo municipal socialista de Dodro
ven de presentar unha moción para o vindeiro pleno municipal relativa
ao Consorcio Terras de Iria que están creando conxuntamente os concellos
de Dodro, Rois e Padrón. Nela, o PSOE pide fixar un calendario de reunións
nas que o grupo de goberno informe aos grupos da oposición dos trámites
que se están seguindo e dos servizos que se queren mancomunar no citado
Consorcio cuia constitución, no seu día, avalaron co seu voto favorable
no pleno.
Este grupo da oposición, xa levou unha moción similar ao pasado pleno
ordinario de marzo, a cal foi denegada polos votos en contra do PP,
alegando que aínda se estaban elaborando os estatutos e que non había
máis avances. Agora, o PSOE de Dodro cree que xa non se está nese punto,
posto que, segundo as últimas información publicadas, estes tres concellos
manteñen contactos coa Deputación e a Xunta para mancomunar o servizo
de Protección Civil.
Esta información coincide no tempo coa promoción dun campionato de pádel
co nome de Terras de Iria (mesmo nome que o do consorcio) e organizado
polos tres concellos en cuestión. Neste caso, o PSOE confía en que sexa
aprobada a moción. O contrario será considerado por este grupo político
como negar á oposición a información e a participación no Consorcio
Terras de Iria.
|
|
2 |
|
|
|
|
|