José Luis Pardo traerá a esencia do blues
américano a Betanzos
|
|
|
 |
noticiasgalicia.-
O guitarrista arxentino José Luis Pardo, coincidindo coa xornada festiva
das Letras Galegas, visitará este xoves Betanzos para ofrecer unha masterclass
de guitarra, ademáis dun concerto nocturno. As dúas actividades son
totalmente gratuítas, se ben para a masterclass os alumnos deberon inscribirse
previamente por contar con prazas limitadas, nesta actividade foron
varios os guitarristas de bandas de rock da comarca das Mariñas que
amosaron o seu interese por participar na masterclass, e poder mellorar
así a súa técnica neste xénero musical.
As dúas actividades están organizadas pola Oficina de Xuventude do Concello
(OMIX) e celebraranse no Cine Alfonsetti. As sesións formativas de 16
a 19 horas e o concerto, que seguro quedará na lembranza de tódolos
amantes do blues, a partir das 22:30 horas. José Luis Pardo é o director
da Escola de Blues de Madrid, e nos últimos anos tocou nos festivais
máis importantes de Norteamérica, Europa e Sudamérica, no mes pasado
completou unha xira por Rusia e Portugal. Todo isto o convertiu nun
dos artistas requeridos polo circuito internacional de blues. José Luis
Pardo ten 31 anos e a súa carreira foi autodidacta. Con só 15 anos consegue
ser un dos músicos máis requeridos nos locais de Bos Aires.
Sería o comezo dunha vertixinosa carreira musical que anos máis tarde
o levará aos máis recoñecidos escenarios do mundo. Cara finais de 2004,
emprende o seu último e máis exitoso proxecto, "José Luis Pardo
& The Mojo Workers", gravando dous Cd e un DVD en vivo. Dende entón
a súa carreira continua a progresión ascendente e non para de recibir
críticas laudatorias nas que moitos sinalan que Pardo é un dos poucos
guitarristas de blues non anglosaxón que se move con folgadamente polo
circuito estadounidense.
|
|
|
|
|
|
|
|