A Xunta destinará 360.000 euros
a axudas para a reparación dos danos causados en vivendas,
anexos e Enxoval polas inundacións na Mariña e norte da
provincia da Coruña
|
noticiasgalicia.-
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe unha achega
de 360.000 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego
da Vivenda e Solo, destinada a axudas para a reparación dos
danos causados en vivendas e anexos polas inundacións rexistradas
na Mariña de Lugo e norte da provincia da Coruña, segundo
establece a Resolución que proximamente se publicará no Diario
Oficial de Galicia (DOG) e sobre a que hoxe foi informado
o Consello da Xunta de Galicia. A Resolución desenvolve o
establecido, en materia de vivenda, no Decreto 96/2010, do
17 de xuño, de medidas urxentes para a reparación dos danos
causados polas inundacións acaecidas na Mariña, aprobado polo
Consello da Xunta o 17 de xuño de 2010.
Características das subvencións
As subvencións que inclúe a Resolución comprenden danos causados
nas vivendas que son residencia habitual e permanente, noutras
vivendas, en construción anexas e instalacións e no enxoval.
Son as seguintes:
1.- Vivendas residencia habitual e permanente. Subvencionaranse
a reparación de danos que non cubran as axudas doutras administracións
ou calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou
privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiaras
as persoas afectadas. O importe máximo da axuda pode alcanzar
o 100 por cento do valor de reparación ou reposición do inmoble
danado. Ese importe nunca poderá ser superior ao 75 por cento
do prezo máximo de venda dunha vivenda protexida de réxime
xeral na mesma localidade.
2.- Resto de vivendas Igual que no caso anterior subvencionaranse
a reparación de danos que non cubran as axudas doutras administracións
ou calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou
privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiaras
as persoas afectadas. O importe das axudas poderá ser de ata
o 40 por cento do valor de reparación ou reposición. O importe
da axuda non poderá ser superior ao 40 por cento do 75 por
cento do prezo máximo de venda dunha vivenda protexida de
réxime xeral na mesma localidade. As vivendas incluídas nesta
axuda deberán destinarse como mínimo a residencia ocasional,
quedando excluídas edificacións ruinosa ou en estado manifesto
de abandono.
3.- Construcións anexas e instalacións Os elementos comúns,
nos casos de comunidades de propietarios e as construcións
e equipamentos de apoio á economía e vida familiar tamén poderán
optar ás axudas, entendendo como tales pozos, hórreos, alpendres,
invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e
de iluminación, instalacións de telecomunicacións, etc. sempre
que estean localizados no mesmo predio da vivenda.
Tamén se entenderá como construción ou instalación complementaria
o cerramento preexistente do predio no que se atopa a vivenda.
Subvencionarase o 100 por cento do valor de reparación ou
reposición no caso de estar asociadas á vivenda habitual e
o 40 por cento no caso de vivendas ocasionais. O importe máximo
da axuda non superará os 3.000 euros.
4.- Enxoval Tamén será obxecto destas axudas o enxoval doméstico
de primeira necesidade cando non estivese incluído nas axudas
doutras administracións ou calquera outro sistema de cobertura
de danos.
O importe da axuda será do 100 por cento no caso de vivendas
habituais e 40 por cento en vivendas ocasionais. O límite
máximo será de 6.000 euros. O enxoval incluído nas axudas
é o seguinte:
- Cociña: frigorífico, cociña, forno, lavadora, mesa e cadeiras
- Dormitorio: camas, somieres, colchóns, armario
- Salón: sillóns, cadeiras, mesa de comedor.
Estas axudas poderán solicitarse nos seguintes concellos:
- Provincia de Lugo: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz,
Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada,
O Valadouro, Viveiro, O Vicedo e Xove. - Provincia da Coruña:
Cariño e Ortigueira |
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|