| DOCUMENTOS |
|
|
|
(Texto
íntegro)
|
TÍTULO
PRELIMINAR
ARTIGO 1
1. Galicia, nacionalidade histórica,
constitúese en Comunidade Autónoma
para acceder ó seu autogoberno, de
conformidade coa Constitución Española
e co presente Estatuto, que é a súa
norma institucional básica.
2. A Comunidade Autónoma, a través
de institucións democráticas,
asume como tarefa principal a defensa da
identidade de Galicia e dos seus intereses,
e a promoción da solidariedade entre
todos cantos integran o pobo galego.
3. Os poderes da Comunidade Autónoma
de Galicia emanan da Constitución,
do presente Estatuto e do Pobo.
ARTIGO 2
1. O territorio de Galicia é o abranguido
polas actuais provincias da Coruña,
Lugo, Ourense e Pontevedra.
2. A organización territorial terá
en conta a distribución da poboación
galega e as súas formas tradicionais
de convivencia e asentamiento.
3. Unha lei do Parlamento regulará
a organización territorial propia
de Galicia de acordo co presente Estatuto.
ARTIGO 3
1. Para efectos do presente Estatuto, gozan
da condición política de galegos
os cidadáns españois que,
de acordo coas leis xerais do Estado, teñan
veciñanza administrativa en calquera
dos municipios de Galicia.
2. Como galegos, gozan de dereitos políticos
definidos neste Estatuto os cidadáns
españois residentes no estranxeiro
que tivesen a súa última veciñanza
administrativa en Galicia, e acrediten esta
condición no correspondente Consulado
de España. Gozarán tamén
destes dereitos os seus descendentes inscritos
como españois, se así o solicitan
na forma que determine a lei do Estado.
ARTIGO 4
1. Os dereitos, liberdades e deberes fundamentais
dos galegos son os establecidos na Constitución.
2. Correspóndelles ós poderes
públicos de Galicia promove-las condicións
para que a liberdade e a igualdade do individuo
e dos grupos en que se integran sexan reais
e efectivas, remove-los atrancos que impidan
ou dificulten a súa plenitude e facilita-la
participación do tódolos galegos
na vida política, económica,
cultural e social.
3. Os poderes públicos da Comunidade
Autónoma asumen, como un dos principios
rectores da súa política social
e económica, o dereito dos galegos
a viviren e traballaren na propia terra.
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o
galego.
2. Os idiomas galego e castelán son
oficiais en Galicia e todos teñen
o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia
garantirán o uso normal e oficial
dos dous idiomas e potenciarán o
emprego do galego en tódolos planos
da vida pública, cultural e informativa,
e disporán os medios necesarios para
facilita-lo seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado
por causa da lingua.
ARTIGO 6
1. A bandeira de Galicia é branca
cunha banda diagonal de cor azul que a travesa
desde o ángulo superior esquerdo
ó inferior dereito.
2. Galicia ten himno e escudo de seu.
ARTIGO 7
1. As comunidades galegas asentadas fóra
de Galicia poderán solicitar, como
tales, o recoñecemento da súa
galeguidade entendida como o dereito a colaboraren
e compartiren a vida social e cultural do
pobo galego. Unha lei do Parlamento regulará,
sen prexuízo das competencias do
Estado, o alcance e contido daquel recoñecemento
ás ditas comunidades que en ningún
caso implicará a concesión
de dereitos políticos.
2. A Comunidade Autónoma poderá
solicitar do Estado Español que,
para facilita-lo disposto anteriormente,
celebre os oportunos tratados ou convenios
cos Estados onde existan tales comunidades.
ARTIGO 8
Unha lei de Galicia, que requirirá
para súa aprobación o voto
favorable dos dous tercios dos membros do
seu Parlamento, fixará a sede das
institucións autonómicas.
TÍTULO PRIMEIRO DO PODER GALEGO
ARTIGO 9
1. Os poderes da Comunidade Autónoma
exércense a través do Parlamento,
da Xunta e do seu Presidente.
2. As leis de Galicia ordenarán o
funcionamento destas institucións
de acordo coa Constitución e co presente
Estatuto.
CAPÍTULO I Do Parlamento
ARTIGO 10
1. Son funcións do Parlamento de
Galicia as seguintes:
a) Exerce-la potestade lexislativa da Comunidade
Autónoma. O Parlamento só
poderá delegar esta potestade lexislativa
na Xunta, nos termos que establecen os artigos
82, 83 e 84 da Constitución para
o suposto da delegación lexislativa
das Cortes Xerais ó Goberno, todo
iso no marco do presente Estatuto.
b) Controla-la acción executiva da
Xunta, aproba-los orzamentos e exerce-las
outras competencias que lle sexan atribuídas
pola Constitución, polo presente
Estatuto, polas leis do Estado e polas do
Parlamento de Galicia.
c) Designar para cada lexislatura das Cortes
Xerais os Senadores representantes da Comunidade
Autónoma galega, de acordo co previsto
no artigo 69, apartado 5.º da Constitución.
Tal designación será feita
de forma proporcional á representación
das distintas forzas políticas existentes
no Parlamento de Galicia.
d) Elixir de entre os seus membros o Presidente
da Xunta de Galicia.
e) Esixir, se é o caso, responsabilidade
política á Xunta e ó
seu Presidente.
f) Solicitar do Goberno a adopción
de Proxectos de Lei e presentar perante
a Mesa do Congreso dos Deputados Proposicións
de Lei.
g) Interpor recursos de inconstitucionalidade
e presentarse perante o Tribunal Constitucional
nos supostos e termos previstos na Constitución
e na Lei Orgánica do Tribunal Constitucional.
2. O Parlamento de Galicia é inviolable.
ARTIGO 11
1. O Parlamento estará constituído
por Deputados elixidos por sufraxio universal,
igual, libre, directo e secreto.
2. O Parlamento será elixido por
un prazo de catro anos, de acordo cun sistema
de representación proporcional que
asegure, ademais, a representación
das diversas zonas do territorio galego.
3. Os membros do Parlamento de Galicia serán
inviolables polos votos e opinións
que emitan no exercicio de seu cargo, Durante
o seu mandato non poderán ser detidos
nin retidos polos actos delictuosos cometidos
no territorio de Galicia a non ser en situación
de flagrante delicto, correspondendo decidir,
en todo caso, sobre a súa inculpación,
prisión, procesamento e xuízo
ó Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia. Fóra deste territorio, a
responsabilidade penal será esixible
nos mesmos termos perante a Sala do Penal
do Tribunal Supremo.
4. A circunscrición electoral, será,
en todo caso, a provincia.
5. Unha lei do Parlamento de Galicia determinará
os prazos e regulará o procedemento
para a elección dos seus membros,
fixando o número deles entre sesenta
e oitenta, así como as causas de
inelixibilidade e incompatibilidade que
afecten ós postos ou cargos que se
desempeñen dentro do ámbito
territorial da Comunidade Autónoma.
6. O Parlamento, mediante lei, poderá
establecer un sistema para que os intereses
do conxunto dos galegos residentes no estranxeiro
se encontren presentes nas decisións
da Comunidade Autónoma.
7. Os Deputados non estarán suxeitos
a mandato imperativo.
ARTIGO 12
1. O Parlamento elixirá de entre
os seus membros un Presidente, a Mesa e
unha Deputación Permanente. O Regulamento,
que deberá ser aprobado por maioría
absoluta, disporá a súa composición,
o seu réxime e o seu funcionamento.
2. O Parlamento de Galicia fixará
o seu propio orzamento.
3. O Parlamento funcionará en Pleno
e en Comisións e reunirase en Sesións
ordinarias e extraordinarias.
4. O Regulamento precisará o número
mínimo de Deputados para a formación
de Grupos Parlamentarios, a intervención
destes no proceso lexislativo e as funcións
da Xunta de Portavoces daqueles. Os Grupos
Parlamentarios participarán en tódalas
Comisións en proporción ó
número dos seus membros.
ARTIGO 13
1. A iniciativa lexislativa correspóndelles
ós Deputados, ó Parlamento
e á Xunta. A iniciativa popular para
a presentación de Proposicións
de Lei que teñan de ser tramitadas
polo Parlamento de Galicia, será
regulada por este mediante lei, de acordo
co que estableza a lei orgánica prevista
no artigo 87.3 da Constitución.
2. As leis de Galicia serán promulgadas
en nome de El Rei polo Presidente da Xunta,
e publicadas no Diario Oficial de Galicia
e no Boletín Oficial del Estado.
Para efectos da súa entrada en vigor,
rexerá a data da súa publicación
no Diario Oficial de Galicia.
3. O control da constitucionalidade das
Leis do Parlamento de Galicia coresponderalle
ó Tribunal Constitucional.
ARTIGO 14
Correspóndelle á Comunidade
Autónoma a creación e organización,
mediante lei do seu Parlamento e con respecto
á institución do Defensor
do Pobo establecida no artigo 54 da Constitución,
dun órgano similar que en coordinación
con aquela exerza as funcións a que
se refire o mencionado artigo e calquera
outra que o Parlamento de Galicia poida
encomendarlle.
CAPÍTULO II Da Xunta e do seu
Presidente
ARTIGO 15
1. O Presidente dirixe e coordina a acción
da Xunta e ostenta a representación
da Comunidade Autónoma e a ordinaria
do Estado en Galicia.
2. O Presidente da Xunta será elixido
polo Parlamento Galego de entre os seus
membros e será nomeado por El Rei.
3. O Presidente do Parlamento, logo de consultas
coas forzas políticas representadas
parlamentariamente e oída a Mesa,
proporá un candidato a Presidente
da Xunta. O Candidato presentará
o seu programa ó Parlamento. Para
ser elixido, o candidato deberá obter
na primeira votación maioría
absoluta; en caso de non a obter, procederase,
transcorridas vintecatro horas da anterior,
a unha nova votación e, obtendo maioría
simple, considerarase outorgada a confianza.
De non conseguirse esta maioría,
tramitaranse sucesivas propostas na forma
prevista anteriormente.
4. O Presidente da Xunta será políticamente
responsable perante o Parlamento. Unha Lei
de Galicia determinará o alcance
de tal responsabilidade, así como
o Estatuto persoal e atribucións
do Presidente.
ARTIGO 16
1. A Xunta é o órgano colexiado
de Goberno de Galicia.
2. A Xunta de Galicia está composta
polo Presidente, Vicepresidente ou Vicepresidentes,
se é o caso, e mailos Conselleiros.
3. Os Vicepresidentes e Conselleiros serán
nomeados e cesados polo Presidente.
4. Unha Lei de Galicia regulará a
organización da Xunta e as atribucións
e o Estatuto persoal dos seus compoñentes.
ARTIGO 17
1. A Xunta de Galicia responde politicamente
perante o Parlamento de forma solidaria,
sen prexuízo da responsabilidade
directa de cada un dos seus compoñentes,
pola súa xestión.
2. A Xunta cesa trala celebración
de eleccións ó Parlamento
Galego, nos casos de perda de confianza
parlamentaria, dimisión e falecemento
do seu Presidente.
3. A Xunta cesante continuará en
funcións ata a toma de posesión
da nova Xunta.
ARTIGO 18
O Presidente e mais membros da Xunta, durante
o seu mandato e polos actos delictuosos
cometidos no territorio de Galicia, non
poderán ser detidos nin retidos a
non ser en situación de flagrante
delicto, correspondendo decidir, en todo
caso, sobre a súa inculpación,
prisión, procesamento e xuízo
ó Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia. Fóra deste territorio a
responsabilidade penal será esixible
nos mesmos termos perante a Sala do Penal
do Tribunal Supremo.
ARTIGO 19
A Xunta de Galicia poderá interpor
recursos de inconstitucionalidade e presentarse
ante o Tribunal Constitucional nos supostos
e termos previstos na Constitución
e na Lei Orgánica do Tribunal Constitucional.
CAPÍTULO III Da Administración
de Xustiza en Galicia
ARTIGO 20
Correspóndelle á Comunidade
Autónoma:
1. Exercer tódalas facultades que
as leis orgánicas do Poder Xudicial
e do Consello Xeral do Poder Xudicial recoñezan
ou atribúan ó Goberno do Estado.
2. Fixa-la delimitación das demarcacións
territoriais dos órganos xurisdiccionais
en Galicia, tendo en conta, entre outros
criterios, os límites dos tradicionais
partidos xudiciais e as características
xeográficas e de poboación.
ARTIGO 21
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
no que se integrará a actual Audiencia
Territorial, é o órgano xurisdiccional
en que culminará a organización
xudicial no seu ámbito territorial,
e perante o cal se esgotarán as sucesivas
instancias procesuais, nos termos do artigo
152 da Constitución e de acordo co
presente Estatuto.
ARTIGO 22
1. A competencia dos órganos xurisdiccionais
en Galicia esténdese:
a) No plano civil, a tódalas instancias
e graos, incluídos os recursos de
casación e de revisión nas
materias de Dereito Civil Galego.
b) No plano penal e social, a tódalas
instancias e graos con excepción
dos recursos de casación e de revisión.
c) No plano contencioso-administrativo,
a tódalas instancias e graos, cando
se trate de actos dictados pola Xunta e
pola Administración de Galicia, naquelas
materias que lle corresponda lexislar en
exclusiva á Comunidade Autónoma
e ás que, segundo a Lei da citada
xurisdicción, lle correspondan en
relación cos actos dictados pola
Administración do Estado en Galicia.
d) As cuestións de competencia entre
órganos xudiciais en Galicia.
e) Os recursos sobre cualificación
de documentos referentes ó dereito
privativo galego que deban ter acceso ós
Rexistros da Propiedade.
2. Nas restantes materias poderase interpor,
cando proceda, perante o Tribunal Supremo,
o recurso de casación ou o que corresponda
segundo as leis do Estado e, se é
o caso, o de revisión. O Tribunal
Supremo resolverá tamén os
conflictos de competencia e xurisdicción
perante os Tribunais de Galicia e os do
resto de España.
ARTIGO 23
1. O Presidente do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia será nomeado por
El Rei por proposta do Consello Xeral do
Poder Xudicial.
2. O nomeamento dos Maxistrados, Xuíces
e Secretarios do Tribunal Superior de Xustiza,
será efectuado na forma prevista
nas leis orgánicas do Poder Xudicial
e do Consello Xeral do Poder Xudicial.
ARTIGO 24
1. Por instancia da Comunidade Autónoma,
o órgano competente convocará
os concursos e oposicións para cubri-las
prazas vacantes en Galicia de Maxistrados,
Xuíces, Secretarios Xudiciais e restante
persoal ó servicio da Administración
de Xustiza, de acordo co que dispoña
a Lei Orgánica do Poder Xudicial.
2. Correspóndelle integramente ó
Estado, de conformidade coas leis xerais,
a organización e o funcionamento
do Ministerio Fiscal.
ARTIGO 25
Na resolución dos concursos e oposicións
para prove-los postos de Maxistrados, Xuíces,
Secretarios Xudiciais, Fiscais e tódolos
funcionarios ó servicio da Administración
de Xustiza, será mérito preferente,
a especialización no dereito galego
e o coñecemento do idioma do País.
ARTIGO 26
1. Os Notarios e os Rexistradores da Propiedade
e Mercantís serán nomeados
pola Comunidade Autónoma, en conformidade
coas leis do Estado. Para a provisión
de notarías, os candidatos serán
admitidos en igualdade de dereitos, tanto
se exercen no territorio de Galicia coma
no resto de España. Nestes concursos
e oposicións será mérito
preferente a especialización en dereito
galego e o coñecemento do idioma
do País. Non se poderá establecer,
en ningún dos casos, a excepción
de natureza ou de veciñanza.
2. A Comunidade Autónoma participará
na fixación das demarcacións
correspondentes ós Rexistros da Propiedade
e Mercantís para as acomodar ó
que se dispoña en aplicación
do artigo 20, parágrafo 2 deste Estatuto.
Tamén participará na fixación
das demarcacións notariais e do número
de Notarios de acordo co previsto nas leis
do Estado.
TÍTULO SEGUNDO DAS COMPETENCIAS DE
GALICIA
CAPÍTULO I Das competencias en xeral
ARTIGO 27
No marco do presente Estatuto correspóndelle
á Comunidade Autónoma galega
a competencia exclusiva das seguintes materias:
1. Organización das súas institucións
de autogoberno.
2. Organización e réxime xurídico
das comarcas e parroquias rurais como entidades
locais propias de Galicia, alteracións
de termos municipais comprendidos dentro
do seu territorio e, en xeral, as funcións
que sobre o Réxime Local lle correspondan
á Comunidade Autónoma ó
amparo do artigo 149.1.18 da Constitución
e o seu desenvolvemento.
3. Ordenación do territorio e do
litoral, urbanismo e vivenda.
4. Conservación, modificación
e desenvolvemento das institucións
do Dereito Civil galego.
5. Normas procesuais e procedementos administrativos
que se deriven do específico dereito
galego ou da organización propia
dos poderes públicos galegos.
6. Estatística para os fins da Comunidade
Autónoma galega.
7. Obras públicas que non teñan
a cualificación legal de interese
xeral do Estado, e a súa execución
ou explotación non afecte a outra
Comunidade Autónoma ou provincia.
8. Vías férreas e estradas
non incorporadas á rede do Estado,
con itinerarios que se desenvolvan integramente
no territorio da Comunidade Autónoma,
e, nos mesmos termos, o transporte efectuado
por estes medios ou por medio de cables.
9. Os portos, aeroportos e heliportos non
cualificados de intere xeral polo Estado,
e os portos de refuxio e portos e aeroportos
deportivos.
10. Montes, aproveitamentos forestais, vías
pecuarias e pastos, sen prexuízo
do disposto no artigo 149.1.23 da Constitución.
11. Réxime xurídico dos montes
veciñais en man común.
12. Aproveitamentos hidráulicos,
canais e regadíos cando as augas
discorran integramente dentro do territorio
da Comunidade, sen prexuízo do disposto
no artigo 149.1.22 da Constitución.
13. Instalacións de producción,
distribución e transporte de enerxía
eléctrica, cando este transporte
non saia do seu territorio e o seu aproveitamento
non afecte a outra provincia ou Comunidade
Autónoma, sen prexuízo do
disposto no artigo 149.1.22 e 25 da Constitución.
14. As augas minerais e termais. As augas
subterráneas, sen prexuízo
do disposto no artigo 149.1.22 da Constitución
e no número 7 do presente artigo.
15. A pesca nas rías e demais augas
interiores, o marisqueo, a acuicultura,
a caza, a pesca fluvial e lacustre.
16. As feiras e mercados interiores.
17. A artesanía.
18. Patrimonio histórico, artístico,
arquitectónico, arqueolóxico,
de interese de Galicia, sen prexuízo
do que dispón o artigo 149.1.28 da
Constitución; arquivos, bibliotecas
e museos de interese para a Comunidade Autónoma,
e que non sexan de titularidade estatal;
conservatorios de música e servicios
de Belas Artes de interese para a Comunidade.
19. O fomento da cultura e da investigación
en Galicia, sen prexuízo do establecido
no artigo 149.2 da Constitución.
20. A promoción e o ensino da lingua
galega.
21. A promoción e a ordenación
do turismo dentro da Comunidade.
22. A promoción deportiva e a axeitada
utilización do lecer.
23. Asistencia social.
24. A promoción do desenvolvemento
comunitario.
25. A creación dunha Policía
Autónoma, de acordo co que dispoña
a lei orgánica prevista no artigo
149.1.29 da Constitución.
26. O réxime das fundacións
de interese galego.
27. Casinos, xogos e apostas, con exclusión
das Apostas Mutuas Deportivo-Benéficas.
28. Os centros de contratación de
mercadorías e valores, en conformidade
coas normas xerais de dereito mercantil.
29. Confrarías de Pescadores, Cámaras
da Propiedade, Agrarias, de Comercio, Industria
e Navegación e outras de natureza
equivalente, sen prexuízo do que
dispón o artigo 149 da Constitución.
30. Normas adicionais sobre protección
do medio ambiente e da paisaxe nos termos
do artigo 149.1.23.
31. Publicidade, sen prexuízo das
normas dictadas polo Estado para sectores
e medios específicos.
32. As restantes materias que con este carácter
e mediante lei orgánica sexan transferidas
polo Estado.
ARTIGO 28
É competencia da Comunidade Autónoma
galega o desenvolvemento lexislativo e a
execución da lexislación do
Estado nos termos que a mesma estableza,
das materias seguintes:
1. Réxime xurídico da Administración
Pública de Galicia, e réxime
estatutario dos seus funcionarios.
2. Expropiación forzosa, contratos
e concesións administrativas no ámbito
das competencias propias da Comunidade Autónoma.
3. Réxime mineiro e enerxético.
4. Reserva ó sector público
de recursos ou servicios esenciais, especialmente
no caso de monopolio e intervención
de empresas cando veña esixido polo
interese xeral.
5. Ordenación do sector pesqueiro.
6. Portos pesqueiros.
7. Entidades cooperativas.
8. Establecementos farmacéuticos.
ARTIGO 29
Correspóndelle á Comunidade
Autónoma galega a execución
da lexislación do Estado nas seguintes
materias:
1. Laboral, asumindo as facultades, competencias
e servicios que neste ámbito, e no
nivel de execución, ostenta actualmente
o Estado con respecto ás relacións
laborais, sen prexuízo da alta inspección
deste. Quedan reservadas ó Estado
tódalas competencias en materia de
migracións interiores e exteriores,
fondos de ámbito nacional e de emprego,
sen prexuízo do que establezan as
normas do Estado sobre estas materias.
2. Propiedade industrial e intelectual.
3. Salvamento marítimo.
4. Vertidos industriais e contaminantes
nas augas territoriais do Estado correspondentes
ó litoral galego.
5. As restantes materias que se atribúen
no presente Estatuto expresamente como de
competencia de execucin, e as que con este
carácter e mediante Lei Orgánica
sexan transferidas polo Estado.
ARTIGO 30
I. De acordo coas bases e a ordenación
da actuación económica xeral
e a política monetaria do Estado,
correspóndelle á Comunidade
Autónoma galega, nos termos do disposto
nos artigos 38, 131, 149.1, 11 e 13, da
Constitución, a competencia exclusiva
das seguintes materias :
1. Fomento e planificación da actividade
económica en Galicia.
2. Industria, sen prexuízo do que
determinen as normas do Estado por razóns
de seguridade, sanitarias ou de interese
militar e as normas relacionadas coas industrias
que estean suxeitas á lexislación
de minas, hidrocarburos e enerxía
nuclear. Queda reservada á competencia
exclusiva do Estado a autorización
para transferencia de tecnoloxía
estranxeira.
3. Agricultura e gandería.
4. Comercio interior, defensa do consumidor
e do usuario, sen prexuízo da política
xeral de prezos e da lexislación
sobre a defensa da competencia. Denominacións
de orixe en colaboración co Estado.
5. Institucións de crédito
corporativo, público e territorial
e Caixas de Aforros.
6. Sector público económico
de Galicia en canto non se encontre contemplado
por outras normas deste Estatuto.
7. O desenvolvemento e execución
en Galicia de:
a) Os plans establecidos polo Estado para
a reestructuración de sectores económicos.
b) Programas xenéricos para Galicia,
estimuladores da ampliación de actividades
productivas e implantación de novas
empresas.
c) Programas de actuación referidos
a comarcas deprimidas ou en crise.
II. A Comunidade Autónoma galega
participará, tamén, na xestión
do sector público económico
estatal, nos casos e actividades que procedan.
ARTIGO 31
É da competencia plena da Comunidade
Autónoma galega o regulamento e administración
do ensino en toda a súa extensión,
niveis e graos, modalidades e especialidades,
no ámbito das súas competencias,
sen prexuízo do disposto no artigo
27 da Constitución e nas leis orgánicas
que, conforme o apartado primeiro do artigo
81 da mesma, o desenvolvan, das facultades
que lle atribúe ó Estado o
número 30 do apartado 1 do artigo
149 da Constitución e da alta inspección
precisa para o seu cumprimento e garantía.
ARTIGO 32
Correspóndelle á Comunidade
Autónoma a defensa e promoción
dos valores culturais do pobo galego. Con
tal finalidade, e mediante lei do Parlamento,
constituirase un Fondo Cultural Galego e
o Consello da Cultura Galega.
ARTIGO 33
1. Correspóndelle á Comunidade
Autónoma o desenvolvemento lexislativo
e a execución da lexislación
básica do Estado en materia de sanidade
interior.
2. En materia de Seguridade Social corresponderalle
á Comunidade Autónoma o desenvolvemento
lexislativo e a execución da lexislación
básica do estado, non sendo as normas
que configuran o réxime económico
da mesma. Correspóndelle tamén
á Comunidade Autónoma a xestión
do réxime económico da Seguridade
Social en Galicia, sen prexuízo da
Caixa Única.
3. Corresponderalle tamén á
Comunidade Autónoma a execución
da lexislación do Estado sobre productos
facmacéuticos.
4. A Comunidade Autónoma poderá
organizar e administrar para tales fins
e dentro de seu territorio tódolos
servicios relacionados coas materias antes
expresadas, e exercerá a tutela das
institucións, entidades e fundacións
en materia de Sanidade e Seguridade Social.
A alta inspección conducente ó
cumprimento das funcións e competencias
contidas neste artigo quédalle reservada
ó Estado.
ARTIGO 34
1. No marco das normas básicas do
Estado, correspóndelle á Comunidade
Autónoma o desenvolvemento lexislativo
e a execución do réxime de
Radiodifusión e Televisión
nos termos e casos establecidos na lei que
regule o Estatuto Xurídico da Radio
e da Televisión.
2. Correspóndelle igualmente, no
marco das normas básicas do Estado,
o desenvolvemento lexislativo e a execución
do réxime de prensa e, en xeral,
de tódolos medios de comunicación
social.
3. Nos termos establecidos nos apartados
anteriores deste artigo, a Comunidade Autónoma
poderá regular, crear e mante-la
súa propia televisión, radio
e prensa, e, en xeral, tódolos medios
de comunicación social para o cumprimento
dos seus fins.
ARTIGO 35
1. A Comunidade Autónoma poderá
celebrar convenios con outras Comunidades
Autónomas para a xestión e
prestación de servicios propios da
exclusiva competencia das mesmas. A celebración
dos citados convenios, antes da súa
entrada en vigor, deberá ser comunicada
ás Cortes Xerais. Se as Cortes Xerais,
ou algunha das Cámaras, manifestasen
reparos no prazo de trinta días,
a partir da recepción da comunicación,
o convenio deberá segui-lo trámite
previsto no parágrafo seguinte. Se
transcorre ese prazo sen que se manifesten
reparos ó convenio, este entrará
en vigor.
2. A Comunidade Autónoma poderá
establecer tamén acordos de cooperación
con outras Comunidades Autónomas,
logo de autorización das Cortes Xerais.
3. A Comunidade Autónoma galega poderá
solicitar do Goberno que celebre e presente,
se é o caso, ás Cortes Xerais
para a súa autorización, os
tratados ou convenios que permitan o establecemento
de relacións culturais cos Estados
cos que manteña particulares vínculos
culturais ou lingüísticos.
ARTIGO 36
1. A Comunidade Autónoma galega poderá
solicitar do Estado a transferencia ou delegación
de competencias non asumidas neste Estatuto.
2. Correspóndelle ó Parlamento
de Galicia a competencia para formula-las
anteriores solicitudes, e para determina-lo
organismo da Comunidade Autónoma
galega, a favor do cal se deberá
atribuír en cada caso a competencia
transferida ou delegada.
CAPÍTULO II Do Réxime Xurídico
ARTIGO 37
l. As competencias da Comunidde Autónoma
de Galicia enténdense referidas ó
seu territorio.
2. Nas materias da súa competencia
exclusiva correspóndelle ó
Parlamento a potestade lexislativa nos termos
previstos no Estatuto e nas leis do Estado
ás que o mesmo se refire, correspondéndolle
á Xunta a potestade regulamentaria
e a función executiva.
3. As competencias de execución na
Comunidade Autónoma levan implícitas
a correspondente potestade regulamentaria,
a administración e a inspección.
Nos supostos previstos nos artigos 28 e
29 deste Estatuto, ou noutros preceptos
do mesmo, con análago carácter,
o exercicio desas potestades pola Comunidade
Autónoma realizarase en conformidade
coas normas regulamentarias de carácter
xeral que, como desenvolvemento da súa
lexislación, dicte o Estado.
ARTIGO 38
1. En materias de competencia exclusiva
da Comunidade Autónoma, o dereito
propio de Galicia é aplicable no
seu territorio con preferencia a calquera
outro, nos termos previstos no presente
Estatuto.
2. A falta de dereito propio de Galicia,
será de aplicación supletoria
o dereito do Estado.
3. Na determinación das fontes do
dereito civil o Estado respectará
as normas do Dereito Civil galego.
TÍTULO TERCEIRO DA ADMINISTRACIÓN
PÚBLICA GALEGA
ARTIGO 39
Correspóndelle á Comunidade
Autónoma a creación e estructuración
da súa propia Administración
pública, dentro dos principios xerais
e normas básicas do Estado.
ARTIGO 40
Nos termos previstos no artigo 27.1.2 deste
Estatuto, por Lei de Galicia poderase:
1. Recoñece-la comarca como entidade
local con presonalidade xurídica
e demarcación de seu. A comarca non
suporá, necesariamente, a supresión
dos municipios que a integren.
2. Crear, tamén, agrupacións
baseadas en feitos urbanísticos e
outros de carácter funcional con
fins específicos.
3. Recoñecer personalidade xurídica
á parroquia rural.
ARTIGO 41
A Comunidade Autónoma exercerá
as súas funcións administrativas
por órganos e entes dependentes da
Xunta de Galicia. Tamén poderá
delegar nas provincias, municipios e demais
entidades locais recoñecidas neste
Estatuto.
TÍTULO CUARTO DA ECONOMÍA
E FACENDA
ARTIGO 42
A Comunidade Autónoma galega contará
para o desempeño das súas
competencias con facenda e patrimonio propios.
ARTIGO 43
I. O patrimonio da Comunidade Autónoma
estará integrado por:
1) O patrimonio da Comunidade no momento
de se aproba-lo Estatuto.
2) Os bens afectos a servicios traspasados
á Comunidade Autónoma.
3) Os bens adquiridos pola Comunidade Autónoma
por calquera título xurídico
válido.
Il. O patrimonio da Comunidade Autónoma,
a súa administración, a súa
defensa e conservación serán
regulados por unha lei de Galicia.
ARTIGO 44
A facenda da Comunidade Autónoma
constitúese con:
1. Os rendementos dos impostos a establecer
pola Comunidade Autónoma.
2. Os rendementos dos impostos cedidos polo
Estado a que se refire a disposición
adicional primeira e de todos aqueles de
cesión aprobada polas Cortes Xerais.
3. Unha porcentaxe de participación
no que se recade no total do Estado por
impostos directos e indirectos, incluídos
os monopolios fiscais.
4. O rendemento das súas propias
taxas por aproveitamentos especiais e pola
prestación de servicios directos
da Comunidade Autónoma, de propia
creación ou como consecuencia de
traspasos de servicios estatais.
5. As contribucións especiais que
estableza a Comunidade Autónoma no
exercicio das súas competencias.
6. Os recargos sobre impostos estatais.
7. Se é o caso, os ingresos procedentes
do Fondo de Compensación Interterritorial.
8. Outras asignacións con cargo ós
Orzamentos Xerais do Estado.
9. A emisión da débeda e o
recurso ó crédito.
10. Os rendementos do patrimonio da Comunidade
Autónoma.
11. Ingresos de dereito privado; legados
e doazóns; subvencións.
12. Multas e sancións no ámbito
das súas competencias.
ARTIGO 45
A Comunidade Autónoma galega e os
entes locais afectados participarán
nos ingresos correspondentes ós tributos
que o Estado poida establecer para recupera-los
custos sociais producidos por actividades
contaminantes ou xeradoras de riscos de
especial gravidade para o entorno físico
e humano de Galicia, na forma que estableza
a lei creadora do gravame.
ARTIGO 46
1. Cando se complete o traspaso de servicios,
ou ó cumprirse o sexto ano de vixencia
deste Estatuto, en caso de o solicita-la
Comunidade Autónoma, a participación
anual nos ingresos do Estado citada no número
3 do artigo 44 e definida na disposición
transitoria quinta negociarase sobre as
bases seguintes:
a) A media dos coeficientes de poboación
e esforzo fiscal de Galicia, este último
medido polo que se recade no seu territorio
do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas;
isto é, o cociente entre o que se
recade efectivamente e o potencialmente
atinguible, tendo en conta o nivel e distribución
persoal da renda.
b) A cantidade equivalente á aportación
proporcional que lle corresponde a Galicia
polos servicios e cargas xerais que o Estado
continúe asumindo como propios.
c) A relación inversa entre a renda
real media dos residentes na Comunidade
Autónoma e a media estatal.
d) Relación entre os índices
de déficit en servicios sociais e
infraestructuras que afecten ó territorio
da Comunidade e ó conxunto do Estado.
e) Relación entre os custos por habitante
dos servicios sociais e administrativos
transferidos para o territorio da Comunidade
e para o conxunto do Estado.
f) Outros criterios que se xulguen procedentes.
2. A fixación da nova porcentaxe
de participación será obxecto
de negociación inicial e será
revisable por solicitude do Goberno ou da
Comunidade Autónoma cada cinco anos.
ARTIGO 47
l. A Comunidade Autónoma, mediante
acordo do Parlamento, poderá emitir
débeda pública para financiar
gastos de investimento.
2. O volume e característica das
emisións estableceranse de acordo
coa ordenación xeral da política
crediticia e en coordenación co Estado.
3. Os títulos emitidos terán
a consideración de fondos públicos
para tódolos efectos.
ARTIGO 48
No suposto de que o Estado emita Débeda
parcialmente destinada á creación
ou mellora de servicios situados en Galicia
e transferidos á Comunidade Autónoma
galega, esta estará facultada para
elaborar e presenta-lo programa de obras
e servicios beneficiarios da emisión.
ARTIGO 49
1. Correspóndelle á Comunidade
Autónoma galega a tutela financeira
sobre os entes locais, respectando a autonomía
que a estes lles recoñecen os artigos
140 e 142 da Constitución e de acordos
co artigo 27.2 deste Estatuto.
2. É competencia dos entes locais
de Galicia a xestión, cobranza, liquidación
e inspección dos tributos propios
que lles atribúan as leis, sen prexuízo
da delegación que poidan outorgar
para estas facultades a favor da Comunidade
Autónoma galega. Mediante lei do
Estado establecerase o sistema de colaboración
dos entes locais, da Comunidade Autónoma
galega e do Estado para a xestión,
liquidación, cobranza e inspección
daqueles tributos que se determinen. Os
ingresos dos entes locais de Galicia, consistentes
en participación en ingresos estatais
e en subvencións incondicionadas,
percibiranse a través da Comunidade
Autónoma galega, que os distribuirá
de acordo cos criterios legais que se establezan
para as referidas participacións.
ARTIGO 50
A Comunidade Autónoma galega gozará
do tratamento fiscal que a lei estableza
para o Estado.
ARTIGO 51
Regularanse necesariamente mediante lei
do Parlamento galego as seguintes materias:
a) O establecemento, a modificación
e supresión dos seus propios impostos,
taxas e contribucións especiais,
e das exencións ou bonificacións
que lles afecten.
b) O establecemento e a modificación
e supresión dos recargos sobre os
impostos do Estado.
c) A emisión de débeda pública
e demais operacións de crédito
concertadas pola Comunidade Autónoma
galega.
ARTIGO 52
Correspóndelle á Xunta de
Galicia:
a) Aproba-los regulamentos xerais dos seus
propios tributos.
b) Elabora-las normas regulamentarias precisas
para xestiona-los impostos estatais cedidos
de acordo cos termos desta cesión.
ARTIGO 53
1. Correspóndelle á Xunta
ou Goberno a elaboración e aplicación
do orzamento da Comunidade Autónoma
galega, e ó Parlamento o seu exame,
emenda, aprobación e control. O orzamento
será único e incluirá
a totalidade dos gastos e ingresos da Comunidade
Autónoma galega e dos organismos,
institucións e empresas dela dependentes.
2. Sen prexuízo do disposto no artigo
136 e no apartado d) do artigo 153 da Constitución,
créase o Consello de Contas de Galicia.
Unha lei de Galicia regulará a súa
organización e funcionamento e establecerá
as garantías, normas e procedementos
para asegura-la rendición das contas
da Comunidade Autónoma que deberá
someterse á aprobación do
Parlamento.
ARTIGO 54
1. A xestión, cobranza, liquidación
e inspección dos seus propios tributos,
corresponderalle á Comunidade Autónoma
galega, que disporá de plenas atribucións
para execución e organización
desas tarefas, sen prexuízo da colaboración
que poida ser establecida, en especial cando,
coa Administración do Estado, así
veña esixida pola natureza do tributo.
2. No caso dos impostos dos que se cedesen
os rendementos, a Xunta asumirá por
delegación do Estado a xestión,
recadación, liquidación e
inspección dos mesmos, sen prexuízo
da colaboración que poida establecerse
entre ámbalas administracións,
todo iso de acordo co especificado na lei
que fixe o alcance e condicións da
cesión.
3. A xestión, recadación,
liquidación e inspección dos
demais impostos do Estado recadados en Galicia
corresponderalle á Administración
Tributaria do Estado, sen prexuízo
da delegación que a Comunidade Autónoma
poida recibir desta e da colaboración
que poida establecer, especialmente cando
así o esixa a natureza do tributo.
ARTIGO 55
l. A Comunidade Autónoma, de acordo
co que establezan as leis do Estado, designará
os seus propios representantes nos organismos
económicos, as institucións
financeiras e as empresas públicas
do Estado que teñan competencia dentro
do territorio galego e que pola súa
natureza non sexan obxecto de traspaso.
2. A Comunidade Autónoma poderá
constituír empresas públicas
como medio de execución das funcións
que sexan da súa competencia, segundo
o establecido no presente Estatuto.
3. A Comunidade Autónoma, como poder
público. poderá facer uso
das facultades previstas no apartado l do
artigo 130 da Constitución, e poderá
fomentar, mediante unha lexislación
axeitada, as sociedades cooperativas nos
termos resultantes do número 17 do
artigo 28 do presente Estatuto. Igualmente,
de acordo coa lexislación do Estado
na materia, poderá facer uso das
demais facultades previstas no apartado
2 do artigo 129 da Constitución.
4. A Comunidade Autónoma galega queda
facultada para constituír institucións
que fomenten a plena ocupación e
o desenvolvemento económico e social
no marco das súas competencias.
TÍTULO QUINTO DA REFORMA
ARTIGO 56
1. A reforma do Estatuto farase conforme
o seguinte procedemento:
a) A iniciativa da reforma corresponderalle
á Xunta, ó Parlamento galego,
por proposta dunha quinta parte dos seus
membros, ou ás Cortes Xerais.
b) A proposta de reforma requirirá,
en todo caso, a aprobación do Parlamento
Galego por maioría de dous tercios,
a aprobación das Cortes Xerais mediante
lei orgánica e, finalmente, o referendo
positivo dos electores.
2. Se a proposta de reforma non é
aprobada polo Parlamento galego ou polas
Cortes Xerais, ou non é confirmada
mediante referendo polo corpo electoral,
non poderá ser sometida novamente
a debate e votación do Parlamento
mentres non transcorra un ano.
3. A aprobación da reforma polas
Cortes Xerais, mediante lei orgánica,
incluirá a autorización do
Estado para que a Comunidade Autónoma
galega convoque o referendo a que se refire
o parágrafo b) do apartado l deste
artigo.
ARTIGO 57
A pesar do disposto no artigo anterior,
cando a reforma teña por obxecto
a simple alteración da organización
dos poderes da Comunidade Autónoma
e non afecte ás relacións
da Comunidade autónoma co Estado,
poderase proceder da seguinte maneira:
a) Elaboración do proxecto de reforma
polo Parlamento de Galicia.
b) Consulta ás Cortes Xerais.
c) Se no prazo de trinta días, posteriores
á recepción da consulta prevista
no apartado precedente, as Cortes Xerais
non se declarasen afectadas pola reforma,
convocarase, debidamente autorizado, un
referendo sobre o texto proposto.
d) Requirirase finalmente a aprobación
das Cortes Xerais mediante lei orgánica.
e) Se no prazo sinalado na letra c) as Cortes
se declarasen afectadas pola reforma esta
terá que segui-lo procedemento previsto
no artigo anterior, dándose por cumpridos
os trámites do apartado a) do número
1 do mencionado artigo.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
PRIMEIRA
1. Cédeselle á Comunidade
Autónoma, nos termos previstos no
parágrafo 3 desta disposición,
o rendemento dos seguintes tributos:
a) Imposto sobre o patrimonio neto.
b) Imposto sobre transmisións patrimoniais.
c) Imposto sobre sucesións e doazóns.
d) Imposto sobre o luxo que se recade en
destino. A eventual supresión ou
modificación dalgún destes
impostos implicará a extinción
ou modificación da cesión.
2. O contido desta disposición poderase
modificar mediante acordo do Goberno coa
Comunidade Autónoma, que será
tramitado polo Goberno como proxecto de
lei. Para estes efectos, a modificación
da presente disposición non se considerará
modificación do Estatuto.
3. O alcance e condicións da cesión
serán establecidos pola Comisión
Mixta a que se refire o apartado 1 da disposición
transitoria cuarta que, en todo caso, terá
que os referir a rendementos en Galicia.
O Goberno tramitará o acordo da Comisión
como proxecto de lei ou, de concorreren
razóns de urxencia, como decreto-lei,
no prazo de seis meses despois da constitución
da Primeira Xunta de Galicia.
SEGUNDA
O exercicio das competencias financeiras
recoñecidas por este Estatuto á
Comunidade Autónoma de Galicia axeitarase
ó que estableza a lei orgánica
a que se refire o apartado 3 do artigo 157
da Constitución.
TERCEIRA
1. A Xunta coordenará a actividade
das Deputacións Provinciais de Galicia
en canto afecte directamente ó interese
xeral da Comunidade Autónoma, e para
estes efectos uniranse os orzamentos que
aqueles elaboren e aproben ó da Xunta
de Galicia.
2. A Xunta poderá encomenda-la execución
dos seus acordos ás Deputacións
Provinciais. Estas exercerán as funcións
que a Xunta lles transfira ou delegue.
CUARTA
A celebración de eleccións
aterase ás leis que, se é
o caso, aproben as Cortes Xerais co fin
exclusivo de coordena-lo calendario das
diversas consultas electorais.
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
PRIMEIRA
O primeiro Parlamento galego será
elixido de acordo coas normas seguintes:
1. Logo de acordo co Goberno, a Xunta Pre-autonómica
de Galicia convocará as eleccións
nun termo máximo de cento vinte días
desde a promulgación do presente
Estatuto. As eleccións deberán
celebrarse nun termo máximo de sesenta
días contados desde a data da convocatoria.
2. A circunscrición electoral será
a provincia, elixíndose un total
de 71 membros, dos que corresponderán
á provincia da Coruña 22,
á de Lugo 15, á de Ourense
15 e á de Pontevedra 19.
3. Os membros do Parlamento galego serán
elixidos por sufraxio universal, igual,
directo e secreto, dos maiores de dezaoito
anos, segundo un sistema de representación
proporcional.
4. As Xuntas Electorais Provinciais terán,
dentro dos límites da súa
respectiva xurisdicción, a totalidade
das competencias que a normativa electoral
vixente atribúe á Xunta Central.
Para os recursos que teñan por obxecto
a impugnación da validez da elección
e proclamación dos membros electos
será competente a Sala do Contencioso
Administrativo da Audiencia Territorial
da Coruña, mentres non queda integrada
no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
que tamén entenderá dos recursos
ou impugnacións que procedan contra
os acordos das Xuntas Electorais provinciais.
Contra as resolucións da citada Sala
da Audiencia Territorial non caberá
ningún recurso.
5. En todo o non previsto na presente disposición
serán de aplicación as normas
vixentes para as eleccións lexislativas
ó Congreso dos Deputados das Cortes
Xerais.
SEGUNDA
1. Na súa primeira reunión
o Parlamento galego:
a) Constituirase, presidido por unha Mesa
de idade, integrada por un Presidente e
dous Secretarios, e procederá a elixi-la
Mesa provisional, que estará composta
por un Presidente, dous Vicepresidentes,
un Secretario e un Vicesecretario.
b) Elixirá as súas autoridades
conforme a este Estatuto.
2. Elixidos os órganos da Comunidade
Autónoma Galega, disolveranse as
Institucións Pre-autonómicas.
TERCEIRA
1. Mentres as Cortes Xerais non elaboren
as leis ás que se refire este Estatuto
e o Parlamento de Galicia lexisle sobre
as materias da súa competencia, continuarán
en vigor as actuais leis e disposicións
do Estado que se refiren a estas materias,
sen prexuízo de que o seu desenvolvemento
lexislativo, se é o caso, e a súa
execución se leve a cabo pola Comunidade
Autónoma galega nos supostos así
previstos neste Estatuto.
CUARTA
1. Coa finalidade de transferir a Galicia
as funcións e atribucións
que lle corresponden de acordo co presente
Estatuto, crearase, no termo máximo
de un mes a partir da constitución
da Xunta de Galicia, unha Comisión
Mixta paritaria integrada por representantes
do Estado e da Comunidade Autónoma
galega. Esta Comisión Mixta establecerá
as súas normas de funcionamento.
Os membros da Comisión Mixta representantes
de Galicia darán conta periodicamente
da súa xestión perante o Parlamento
de Galicia. A Comisión Mixta establecerá
os calendarios e prazos para o traspaso
de cada servicio. De calquera maneira, a
referida Comisión deberá determinar
nun prazo de dous anos desde a data da súa
constitución, o termo en que deberá
de completarse o traspaso de tódolos
servicios que lle corresponden á
Comunidade Autónoma galega, de acordo
con este Estatuto.
2. Os acordos da Comisión Mixta adoptarán
a forma de propostas ó Goberno, que
as aprobará mediante decreto, figurando
aqueles como anexos ó mesmo e serán
publicados simultaneamente no Boletín
Oficial del Estado e no Diario Oficial de
Galicia, adquirindo vixencia a partir desta
publicación.
3. Será título abondo para
a inscrición no Rexistro da Propiedade
do traspaso de bens inmobles do Estado á
Comunidade Autónoma a certificación
pola Comisión Mixta dos acordos gubernamentais
debidamente promulgados. Esta certificación
deberá conte-los requisitos esixidos
pola Lei Hipotecaria. O cambio de titularidade
nos contratos de arrendamento de locais
para oficinas públicas dos servicios
que se transfiran non lle dará dereito
ó arrendador a extin- guir ou renova-lo
contrato.
4. Os funcionarios adscritos a servicios
de titularidade estatal ou a outras institucións
públicas que resulten afectadas polos
traspasos á Comunidade Autónoma
pasarán a depender desta, séndolles
respectados tódolos dereitos de calquera
orde ou natureza que lles correspondan no
momento do traspaso, mesmo o de participaren
nos recursos de traslado que convoque o
Estado en igualdade de condicións
cos restantes membros do seu Corpo, podendo
exercer desta maneira o seu dereito permanente
de opción. Mentres a Comunidade Autónoma
de Galicia non aprobe o réxime estatutario
dos seus funcionarios, serán de aplicación
as disposicións do Estado vixente
sobre a materia.
5. A comisión Mixta, creada polo
Real Decreto 474/78, do 16 de marzo, considerarase
disolta cando se constitúa a Comisión
Mixta a que se refire o apartado 1 da presente
disposición transitoria.
QUINTA
l. En canto non se complete o traspaso dos
servicios correspondentes ás competencias
fixadas á Comunidade Autónoma
neste Estatuto, o Estado garantirá
o financiamento dos servicios transferidos
á Comunidade cunha cantidade igual
ó custo efectivo do servicio en Galicia
no momento da transferencia.
2. Para garanti-lo financiamento dos servicios
antes referidos, a Comisión Mixta
prevista na disposición transitoria
cuarta adoptará un método
encamiñado a fixa-lo tanto por cento
de participación previsto no apartado
3 do artigo 45. O método que se siga
terá en conta tanto os custos directos
coma os custos indirectos dos servicios
así como os gastos de investimento
que correspondan.
3. Ó fixa-las transferencias para
os investimentos terase en conta, na forma
progresiva que se acorde, a conveniencia
de equipara-los niveis de servicios en todo
o territorio do Estado, establecéndose,
se é o caso, as transferencias necesarias
para o funcionamento dos servicios. O financiamento
a que se refire este apartado terá
en conta as aportacións que se realicen
a Galicia partindo do Fondo de Compensación
a que se refire o artigo 158 da Constitución,
así como a acción investidora
do Estado en Galicia que non sexa aplicación
dese Fondo.
4. A Comisión Mixta a que e refire
o apartado 2 fixará o citado tanto
por cento, mentres dure o período
transitorio, cunha antelación mínima
de un mes á presentación dos
Orzamentos Xerais do Estado nas Cortes.
5. A partir do método fixado no apartado
2, establecerase un tanto por cento no que
se considerará o custo efectivo global
dos servicios transferidos polo Estado á
Comunidade Autónoma, minorando polo
total da cobranza obtida por esta polos
tributos cedidos, en relación coa
suma dos ingresos obtidos polo Estado nos
capítulos I e II do último
Orzamento anterior á transferencia
dos servicios.
SEXTA
No relativo á televisión,
a aplicación do apartado 3 do artigo
34 do presente Estatuto supón que
o Estado outorgará en réxime
de concesión á Comunidade
Autónoma de Galicia a utilización
dunha terceira canle, de titularidade estatal,
que debe crearse especificamente para emitir
no territorio de Galicia, nos termos que
prevexa a citada concesión. Mentres
non se poña en funcionamento efectivo
esta nova canle de Televisión, Radio-Televisión
Española (RTVE) articulará
a través da súa organización
en Galicia un réxime transitorio
de programación específica
para o territorio de Galicia, que Televisión
Española emitirá pola segunda
cadea (UHF). O custo da programación
específica de Televisión a
que se refire o parágrafo anterior
entenderase como base para a determinación
da subvención que poida concederse
á Comunidade Autónoma de Galicia
durante os primeiros anos de funcionamento
da nova canle ó que se refire esta
disposición.
SÉTIMA
As transferencias que se realicen en materia
de ensino para traspasar á competencia
da Comunidade Autónoma os servicios
e centros do Estado en Galicia, realizaranse
de acordo cos calendarios e programas q | | |