Google
   

 DOCUMENTOS
Declaración de Barcelona
(Texto íntegro)
Coa ollada posta no futuro e, ao mesmo tempo, inspirando-nos noutras iniciativas deste século (a Triple Alianza de 1923 ou a Galeuzca de 1933); o Bloque Nacionalista Galego, o EAJ- Partido Nacionalista Vasco e Convergència i Unió, reunidos en Barcelona,

DECLARAMOS QUE:

- Ao cabo de vinte anos de democrácia continua ainda sen se resolver a articulación do Estado español como plurinacional.
- Durante este período padecimos unha falla de recoñecimento xurídico- político, e mesmo de asunción social e cultural das nosas respeitivas realidades nacionais no ámbito do Estado.
- Este recoñecimento, ademáis de xusto e democrático, resulta absolutamente necesário nunha Europa en proceso de articulación económica e política e que, ademais aponta, a meio prazo, cara a unha redistribución do poder político entre as suas diversas instáncias e níveis.
- E é-o, tamén, nun mundo cada vez máis interdependente, sobre o que pesa a ameaza da uniformización.
- Por todo iso cremos que hai que abrir unha nova xeira na cal se produza por parte do Estado e de Europa o recoñecimento das nosas realidades nacionais e se obteña o poder político suficiente para poder oferecer as nosas próprias respostas aos retos do século XXI.

E ACORDAMOS:


• Facer un chamamento á sociedade española para compartir e dialogar sobre unha nova cultura política acorde con esa comprensión do Estado e promover unha concienciación colectiva que reforce a idea da sua plurinacionalidade.
• Oferecer a Europa e ao mundo as nosas propostas na defensa da diversidade. Encabezar a política das identidades, e da sua convivéncia positiva e criativa.
• Organizar de xeito sistemático o intercámbio de información, opinión e colaboración entre as xentes e sectores da cidadania activos nos ámbitos intelectual, cultural, educativo, profisional e empresarial, co obxectivo de dialogar sobre as nosas propostas e difundi-las.
• Estabelecer un plano de traballo conxunto entre as nosas respeitivas organizacións sobre: lingua e cultura; fiscalidade e financiamento público; símbolos e institucións; presenza na Unión Europea e sobre outras cuestións que acordemos.
• Por iso e por todo o devandito estabelecemos unha relación estábel e permanente entre as nosas tres forzas políticas; unha estrutura aberta que permita levar a cabo as actuacións conxuntas que requiran os obxectivos declarados e acordados.
• Finalmente, comprometemo-nos a continuar traballando e desenvolvendo os temas que comezamos a abordar neste primeiro encontro tripartito, nas reunións que este mesmo ano celebraremos en Bilbo, en Setembro, e Santiago, en Outubro.

Barcelona, 16 de xullo de 1998

Polo EAJ- PNV Xabier Arzalluz, polo BNG Xosé Manuel Beiras, por CiU Pere Esteve.

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.