noticiasgalicia.com |

Sectores básicos

noticiasgalicia.com.- O chamado Plan Ferrol prevé a redacción dun plan de ordenación territorial e a definición dun programa de turismo específico que cree unha imaxe de marca. Ademais contempla a necesidade de rehabilitar e acondicionar iconos turísticos como arsenais militares, castelos e o Museo da Construcción Naval. Todo isto, acompañado dunha man de obra especializada no sector que axudaría en boa medida a atraer inversións do sector hoteleiro.

No tocante ao sector eólico proxectouse a creación dun cluster coordinado co naval que propicie a chegada á comarca de empresas de referencia. Outra das medidas planteadas para potenciar o sector eólico é prestar apoio a aquelas empresas da comarca que aposten por iniciar un proceso de internacionalización.

O último dos tres sectores básicos é o loxístico. Neste ámbito preténdese a dinamización da actividade nas novas instalacións portuarias de Caneliñas. Doutra banda, a Consellería prevé o seguimento do avance das obras da Zona de Actividades Loxísticas de Mandiá-Leixa e dos accesos á dársena.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Volver á noticia

©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad