noticiasgalicia.com |

Sectores de futuro

noticiasgalicia.com.- O sector acuícola aproveitará a riqueza existente nas rías das comarcas. As medidas previstas pola Xunta para para potenciar a explotación do mar pasan pola concesión de licencias para a instalación de novas bateas e coa garantía da calidade da auga a través da instalación de depuradoras.

A biomasa, o combustible enerxético obtido a partir de recursos biolóxicos, tamén será un dos puntos fortes do proxecto. Neste caso as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal contan con recursos abondo para a fabricación de biomasa. Este sector potenciarase a través da creación de bancos de terras e da atracción de empresas líderes na materia.

En relación co anterior sector, tamén se xerará riqueza para as comarcas a través da fabricación de biocombustibles. Neste momento xa hai en marcha proxectos para a súa fabricación.

Ver gráfico de evolución

Volver á noticia

©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad