|
Máis
de 2.600 millóns para rematar co desequilibrio entre
a costa e o interior de Galicia
noticiasgalicia.com/F.
Jardón.-
Na comunidade galega preséntase unha preocupante situación
de desequilibrio entre a zona costeira e a interior. Esta
última ven sufrindo un proceso de despoboación que lle supón
un menor nivel de desenvolvemento económico, o que lle provocou
unha perda do 27,4 % da súa poboación dende o ano 1981.
Entre
os anos 2000 e 2006 esta situación estaba sendo paliada con
fondos procedentes da Unión Europea pero ante a finalización
do periodo a Consellería
de Economía e Facenda decidiu poñer en marcha un Plan
de Reequilibrio Territorial que abarcase a etapa 2007-2010.
O
programa, que prevé unha inversión total de máis de 2.600
millóns de euros, afectará a un total de 1.037.771 galegos.
Isto suporá un 38% da poboación galega, unha cifra modesta
se consideramos que estes habitantes ocupan o 88,3% do territorio
da comunidade. Estas cantidades dan como resultado un total
de 2.576 euros por persoa.
O
Plan de Reequilibrio Territorial ten como finalidade lograr
un equilibro económico de Galicia impulsando o desenvolvemento
sostible que axude a corrixir os desequilibrios internos a
partir dun proceso de dinamización económica e a coordinación
das actuacións entre todas as consellerías.
O
total da superficie na que se actuará dividirase en
catro zonas cun volume de poboación semellante, e contará
con 25 núcleos dinamizadores que levarán a cabo máis de 500
actuacións concretas. A estratexia dinamizadora apoiarase
en 25 municipios que exercerán unha forza impulsora sobre
os lugares do seu arredor, conseguindo así unha maior atracción
de renda, poboación, negocios e industria.
No
tocante ás inversións, estas estarán repartidas en diferentes
ámbitos sectoriais que contarán con programas de actuación
específicos. Potenciaranse as infraestruturas produtivas,
o coidado do medio ambiente, os equipamentos sociais, a vivenda,
o medio rural, a pesca e a promoción económica. No reparto
dos investimentos destaca unha concentración dos mesmos en
infraestruturas produtivas e na promoción económica, que suman
un 55% do total.
 |
CARACTERÍSTICAS
DAS ZONAS DO PLAN DE REEQUILIBRIO TERRITORIAL |
|