|
A
AECT con sede en Vigo xestionará 100 millóns de euros dos
fondos europeos destinados á cooperación transfronteiriza
noticiasgalicia.com.-
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) GaliciaNorte
de Portugal será a responsable da xestión dos fondos europeos
destinados á cooperación transfronteiriza no período 2007-2013
que ascenden a 97 millóns de euros de fondos comunitarios.
Dende a Eurorrexión, xa se iniciou o desenvolvemento do Plan
Estratéxico de Cooperación Transfronteiriza do devandito período,
segundo se aprobou o pasado 13 de abril no cumio de Guimarães
e dotado coa cantidade de 97 millóns de euros.
Galicia
e Portugal son pioneiros en Europa nesta iniciativa que se
axusta escrupulosamente ás directrices comunitarias en materia
de cooperación transfronteiriza e ao regulamento do Fondo
Comunitario de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
No
Plan estratéxico establécense as condicións territoriais,
institucionais e de partenariado básicas para que o proxecto
de Eurorrexión vaia más alá dun marco político e se convirta
en instrumento para potenciar a competitividade da área, impulsando
os sistemas básicos de transporte e accesibilidade, e reforzando
as sinerxias entre crecemento e desenvolvemento sostible.
Con
personalidade xurídica propia, a AECT GaliciaNorte de Portugal
terá a súa sede en Vigo e vai permitir unha cooperación "de
segunda xeración" entre ambas as dúas rexións para a realización
e desenvolvemento de proxectos conxuntos a través dun único
organismo. Na actualidade, Galicia e o Norte de Portugal xa
comparten proxectos comúns de gran proxección estratéxica
como é o caso do Centro de excelencia de Nanotecnología que
se instalará en Braga, ou a conexión ferroviaria de alta velocidade
VigoPorto.
Trátase dun instrumento con vocación de futuro que non vai
estar vinculado exclusivamente á existencia de axudas comunitarias
ou a proxectos que gocen do financiamento dos fondos comunitarios.
Para
o responsable da Consellería
de Economía e Facenda do Goberno galego, José Ramón Fernández
Antonio, no impulso da AECT GaliciaNorte de Portugal, "o
afán que move a ambas administracións é crear un espazo transnacional,
interrexional e transfronteirizo de cooperación que integre
as peculiaridades de ambos e os seus marcos políticos e institucionais,
valorice a competitividade e o atractivo do territorio común
e organice e identifique procesos de colaboración institucional".
Galicia
e o norte de Portugal, unha soa realidade económica a tódolos
efectos
|