noticiasgalicia.com |

Galicia e o norte de Portugal, unha soa realidade económica a tódolos efectos

noticiasgalicia.com.- ABruselas xa considera a Galicia e mailo norte de Portugal como unha soa realidade económica a tódolos efectos. Galicia e o norte de Portugal configuran un espazo xeográfico cun gran potencial socioeconómico que está en disposición de impulsar unha cooperación avanzada, intensa e produtiva que converta a eurorrexión nunha área competitiva e de elevado crecemento no seo da Unión Europea.

Cunha superficie de 50.853 km2 e 6,5 millóns de habitantes, a eurorrexión Galicia­Norte de Portugal, o potencial económico desta área reflíctese no feito de ter máis poboación que sete países da UE (Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Luxemburgo, e Malta).

O intercambio comercial xa se cifra nos 2.000 millóns de euros ao ano a área Galicia-norte luso configura a terceira área metropolitana máis grande e poboada de Europa, despois da londinense e a parisina.

O PIB desta eurorrexión alcanza os 90.000 millóns de euros, o quinto maior da Península Ibérica, por detrás de Lisboa, Madrid, Cataluña e Andalucía. De funcionar como unha única entidade sería a terceira autonomía máis habitada da Península, superadas por Andalucía e Cataluña; e a segunda máis extensa, logo da comunidade de Andalucía.

A cooperación galega e lusa é a máis avanzada das cinco rexións fronteirizas de España e Portugal: Andalucía-Algarve; Extremadura-Alentejo; Castilla León-Centro; e Castilla León-Norte). De feito a autoestrada galega e portuguesa xa están unidas fai dous anos, e o AVE Vigo-Oporto camiña con pe firme cara ao horizonte do ano 2013.

Por outra parte preto de 40.000 portugueses traballan na nosa comunidade, e 3.000 galegos o fan no país veciño, donde xa suman 600 as empresas galgas asentadas. E o pasado exercicio as provincias de Ourense e Pontevedra realizaron máis transaccións comerciais que con calquera outro lugar de España.

©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad