|
A
Fundación Caixa Galicia falla a primeira edición das
súas bolsas de Primeira Obra
 |
noticiasgalicia.15/04/08-
A
Fundación Caixa Galicia vén de anunciar os nomes dos beneficiarios
da primeira edición das súas Bolsas para Primeira Obra, unha iniciativa
coa que a entidade cultural quere promover a creación artística
entre os máis novos.
O xurado, que se reuniu a pasada semana na Coruña, seleccionou un
total de trece proxectos entre os que se repartián os 120.000 euros
cos que está dotada esta convocatoria, unha das máis importantes
do Estado na súa categoría.
Ramón Villares, presidente do Consello de Cultura Galega; Rafael
Doctor, director do MUSAC; a escritora Susana Fortes; o director
de cine Héctor Carre; Alicia Roldán, xerente do Teatro de La Abadía;
o músico Teo Cardalda e máis Rosario Sarmiento, subdirectora de
Programación da Fundación Caixa Galicia, quixeron salientar a "grande
calidade e orixinalidade dos traballos presentados".
artes audiovisuais
Otro Paralelo 43. Roberto Eduardo Moñino Leis e Álvaro de Castro
de Ugarte. Santiago "É un proxecto documental audiovisual que
pretende narrar os contrastes existentes entre os puntos de Fisterra
e Vladivostok (Rusia), ambos situados no paralelo 43. Para conseguilo
empregaremos o tren transiberiano e os seus ramais dende Moscova
a Vladivostok, mostrando a vida a bordo da maIor vía de comunicación
entre Europa e Asia".
Liminalidad: Kosovo. Ángel de la Rubia Barbón. Vigo "É a fin
deste proxecto fotográfico retratar Kosovo e un sector moi específico
da súa poboación a través dunha achega documental: individuos que
se aproximan ao derradeiro estadio da súa xuventude".
Rostros de arena. Lois Patiño Lamas. Vigo "Retrato da vida
cotiá dunha persoa marxinal. Obra audiovisual de documental de creación".
artes escénicas
Os contos máxicos da avoa. Vanessa González de la Fuente e Mª Teresa
Venteo Espejo. Palma de Mallorca "O espectáculo fundaméntase
na recompilación de contos e lendas tradicionais galegas contados
por dúas nenas que están a piques de deitarse. Imitando ás súas
avoas pasearannos pola Galicia de onte, de hoxe e de sempre".
Voice meets body. Carlos Fernández López e Avatara Ayuso Vigario.
Santiago "Dúas coreografías orixinais aspiran a retomar o espírito
de experimentación das vangardas históricas. A primeira coreografía
estará baseada na particular concepción do corpo/espazo do deseñador
da Bauhaus Oskar Schele. A segunda terá como base textos poéticos
sobre p cuerpo e o movemento que Carlos Fernández escribirá durante
o proceso de composición e que se recitarán en escena".
artes plásticas
A rapa das bestas en Galicia. Ramón Vaamonde Vilas. Santiago "Trátase
de percorrer as principais citas coa rapa durante o verán 2008.
É un proxecto inédito ata o día de hoxe pese á gran tradición e
popularidade do evento".
Golondrina François Vanneraud. Nantes (Francia) "Realizar unha
instalación ao redor do fluxos migratorios humanos ao longo do último
século, as súas orixes, expresións, causas e consecuencias. O traballo
final será presentado en forma de intervención debuxada con textos,
fotografías, discursosŠ".
Der Waldgang Ángel Masip Soriano. Alacante "Proxecto artístico
consistente nunha instalación que recrea un escenario natural a
través da súa deconstrución mediante materiais industriais".
Vademecum Tania Blanco Rubio. Valencia "É un proxecto que cuestiona
e reflexiona verbo do avance da tecnoloxía no eido da medicina e
como as sociedades contemporáneas conviven con ese mundo artificial,
case de película de ciencia ficción. A modo de instalación combina
pintura, caixas de luz e videoproxeccións".
literatura
De música ligera Proyecto narrativo. Aixa de la Cruz Ventosa. Bilbao
"Proxecto de investigación e redacción dunha novela titulada
'De música ligera', a realizar nun semestre".
La Fabulosa Malva Sara Gómez Iglesias. Elvira Mónica Rodríguez Velasco.
A Coruña / Lugo "O noso obxectivo é a escrita dun guión de
cine do xénero de animación. A protagonista é Malva, unha adolescente
cunha cabezota enorme e moitas ideas dentro dela".
8 cancións para 8 poemas. Homenaxe a Lois Pereiro Alexandro González
Castro. Pobra de Brollón (Lugo) "Trátase da composición e gravación
de 8 cancións inspiradas pola profunda poesía de Lois Pereiro. Tamén
se recollerá no proxecto cada poema, recitado por diferentes artistas
galegos".
Viaje por Kaleikói Efraím Díaz Vázquez. Castroverde (Lugo) "Compoñer,
gravar, publicar, interpretar e difundir un total de catro obras
musicais de nova e propia creación. Perfeccionar a miña formación
como percusionista e compositor ao longo das seis fases que compoñen
o proxecto, incluíndo, un curso en Alemaña, a gravación dun CD e
unha serie de concertos para difusión do traballo realizado gracias
ábeca".
Datos do certame
Segundo a información que achegou a entidade galega, recibíronse
durante o prazo de recepción desta convocatoria traballos de novos
creadores tanto de Galicia como do resto do Estado, así como de
países como Alemaña, Arxentina, Brasil, Cuba, Francia, Estados Unidos,
Panamá ou Reino Unido.
Esta primeira edición das ŒBolsas Fundación Caixa Galicia para Primeira
Obra¹ repartirá 120.000 euros. Os traballos presentados polos aspirantes
a estas bolsas todos nados a partir do ano 1977- pertencían maioritariamente
ao campo das artes plásticas (86 traballos) e do audiovisual (con
56), aínda que hai unha alta participación en todas as disciplinas:
literatura (20), música (24) e artes escénicas (14).
Outros datos recollidos pola Fundación Caixa Galicia sobre estas
bolsas refírense ao sexo dos aspirantes (o 55% son homes); á idade
(os máis novos teñen apenas dezaoito anos) e á autoría dos traballos
(174 son individuais e 26, traballos de grupo).
As Bolsas da Fundación Caixa Galicia
A Fundación Caixa Galicia engade esta iniciativa pioneira a un amplo
programa de axudas á formación da mocidade. Ano tras ano, convoca
as súas bolsas para estudos de postgrao en universidades e centros
de investigación de excelencia académica, coa finalidade de permitirlle
aos seus beneficiarios o perfeccionamento académico e a especialización
nos centros máis recoñecidos do mundo.
Neste sentido, e dende o ano 1996, foron moitos os estudantes de
disciplinas humanísticas e artísticas os que puideron ampliar a
súa formación en centros de fóra Galicia grazas a estas bolsas.
|