noticiasgalicia.com
   

Caixa Galicia

Caixa Galicia investirá 300.000 euros na distribución de producións do IGAEM

noticiasgalicia.30/04/08- Teresa Porto Pedrido, directora da Fundación Caixa Galicia, e Miguel Ángel Martín Fernández, xerente do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) asinaron esta mañá en Santiago un convenio de colaboración para a distribución de espectáculos de produción propia do organismo dependente da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Así, a Fundación Caixa Galicia colaborará co IGAEM cunha achega económica de 300.000 euros, que serán empregados para a distribución de tres espectáculos do instituto.

Segundo o texto asinado esta mañá, as producións que serán beneficiadas por este acordo serán o ŒKiosco das Almas Perdidas Œ do Centro Coreográfico Galego, ŒEstigma¹ e ŒA boa persoa de Sezuán¹, ambas as dúas do Centro Dramático Galego.

Grazas á achega da Fundación Caixa Galicia, estas tres propostas escénicas poderán percorrer distintos escenarios nas catro provincias galegas, dende O Barco de Valdeorras ata Ferrol.

"Unha colaboración moi fértil"

Durante o acto de sinatura deste convenio, a directora da Fundación Caixa Galicia quixo subliñar as boas relacións entre as dúas institucións, que manteñen nos últimos anos ³unha colaboración moi fértil para a cultura galega².

Este convenio enmárcase dentro da liña de colaboración mantida entre as dúas institucións, que xa neste ano coincidiran na posta en marcha doutras iniciativas coma o desenvolvemento do programa de asistencia financeira ŒCrédito Cultura¹, que serviu de apoio á industria cultural de Galicia.

Coa axuda financeira de Caixa Galicia o teatro, a danza e a música viron potenciadas a súa difusión e promoción. O ŒCrédito cultura¹ está a permitir a consolidación do tecido empresarial no mundo das artes escénicas e musicais, impulsando novos proxectos mediante unha liña de financiamento bancario específico para este fin.

VER ÍNDICE
VOLVER

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.