|
O
xornalista Nicolás Vidal gaña o Premio Anxel Fole Fundación Caixa
Galicia
noticiasgalicia.09/05/08-
O auditorio da sede da Fundación Caixa Galicia en Lugo (Praza de
Santa María, s/n) acolleu a lectura do fallo do 22º Premio Anxel
Fole, un dos máis prestixiosos galardóns literarios do país.
Organizado en colaboración co xornal lucense El Progreso, formaron
parte do xurado deste ano Ramón Villares Paz, presidente Consello
Cultura Galega; Xosé Ramón Veiga Alonso, profesor Historia Universidade
de Santiago; José de Cora, director de El Progreso, e Sinesio Pérez
Rodríguez, director da Fundación Caixa Galicia en Lugo. Coincidindo
co cabodano do falecemento de Ánxel Fole, nas primeiras semanas
de maio dase a coñecer o gañador dun premio que cada edición está
dedicado a recuperar a figura dun intelectual da provincia.
O premio está dotado con 9.000 euros.
|