noticiasgalicia.com
   

Caixa Galicia
Caixa Galicia consegue asociar as novas tecnoloxías en Call Center ao idioma galego

noticiasgalicia.15/05/06.- Caixa Galicia, a raíz dun proxecto de desenvolvemento propio, vén de implantar na súa Banca Telefónica unha nova tecnoloxía baseada no recoñecemento de voz de linguaxe natural para a realización de consultas e operacións de maneira automatizada por parte dos seus clientes.

A Banca Telefónica de Caixa Galicia articúlase a través da tarxeta Caixa Activa e lánzase no ano 1998. Na actualidade conta con máis de 100.000 usuarios que realizan mensualmente unha media de 400.000 operacións e consultas o que supón, xunto ao servizo de banca electrónica, máis do 25% do total das transaccións de clientes da entidade galega. Arredor do 15% das chamadas recibidas na súa banca telefónica realízanse en galego.
VER ÍNDICE
VOLVER

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es.-Optimizada para 800 x 600 píxels.