noticiasgalicia.com
   

Caixa Galicia

Caixa Galicia organiza o Primeiro Congreso do Terceiro Sector de Galicia

Os días 21 e 22 de xaneiro celébrase en Santiago o Primeiro Congreso do Terceiro Sector de Galicia, organizado por Caixa Galicia a través da súa Obra Social. O I Foro Socialia está concibido como espazo de encontro e reflexión sobre o Terceiro Sector no que se analizarán a realidade actual e os retos de futuro aos que se enfrontan as ONLs, para así poder definir estratexias de desenvolvemento conxuntas.
O Terceiro Sector de Galicia, como o do resto de España, está a adquirir un protagonismo crecente. Aínda que existe unha grande pluralidade e diversidade entre as organizacións que o forman, moitas cuestións merecen unha reflexión conxunta: a elevada dependencia dos fondos públicos, o reto da calidade, a función social que desempeñan as asociacións e fundacións, etc.
Un Comité Asesor no que participaron representantes de Asociacións, Federacións e Fundacións, de distintos ámbitos de actuación, seleccionou cinco temas clave de traballo:
• O papel do terceiro sector na sociedade do benestar.
• A cooperación entre asociacións.
• Retos dos órganos de dirección e xestión das Organizacións Non Lucrativas (ONLs)
• O financiamento das ONLs
• A calidade nas ONLs
O día 21 de xaneiro unha Xornada Técnica reunirá a expertos de ámbito nacional, representantes de organizacións galegas con experiencias destacables, e persoal técnico das ONLs e entidades públicas ou privadas relacionadas con elas, para traballar conxuntamente en torno a cada unha das temáticas seleccionadas e acordar un catálogo de recomendacións de traballo futuro para o terceiro sector galego.
O sábado 22, en Xornada Aberta a todo o público interesado, se presentarán as conclusións da investigación promovida por Obra Social Caixa Galicia: "O Terceiro Sector en Galicia: Definición, características e tendencias nos albores do século XXI" por parte de seu director, o catedrático de Socioloxía Víctor Pérez Díaz.
Ademáis, se exporán as conclusións dos grupos de traballo reunidos na Xornada anterior e Tony Puig, ex director de Proxecto Torre Jussana, unha iniciativa do Concellode Barcelona que aglutina a todo o tecido asociativo da cidade, fará un interesante exercicio de visión futura sobre o sector.
O I Foro Socialia é, sobre todo, espazo de participación. Habilitouse un espazo web en www.socialia.org con información detallada sobre o Congreso, os temas de traballo e os poñentes, no que ademais, todas as persoas interesadas poden facer, xa desde este momento, as súas aportacións para enriquecer o debate. O Foro Virtual permanecerá activo ata o 15 de xaneiro.


revista de prensa. noticiasgalicia.com
. 10/01/05
 
VER ÍNDICE
VOLVER

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: info@noticiasgalicia.com.-Optimizada para 800 x 600 píxels.