noticiasgalicia.com
   

Caixa Galicia

Caixa Galicia entrega unha furgoneta adaptada a FADEMGA


noticiasgalicia/axencias.12/01/06.- O veh’culo totalmente adaptado ir‡ destinado — Servizo de Respiro Familiar que ofrece a Federaci—n de Asociaci—ns en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das sśas familias Santiago.

A sede de FADEMGA-FEAPS GALICIA en Santiago foi escenario da entrega por parte de Obra Social Caixa Galicia dunha furgoneta adaptada a FADEMGA-FEAPS GALICIA para o transporte de persoas con discapacidade intelectual.

O Subdirector de Obra Social, D. Martelo Iglesias, foi o encargado de facer a entrega do veh’culo ao Presidente de FADEMGA-FEAPS GALICIA, D. Julio Corti–as L—pez. O acto tamŽn contou ca presenza da Responsable de Obra Social Caixa Galicia en Santiago, Dna. Patricia Maceira Villaverde, e o Xerente de FADEMGA, D. Antonio Fuentetaja.

Esta entrega Ž resultado da firma do convenio en setembro do 2005 entre ambas entidades polo que Obra Social Caixa Galicia concedeu unha furgoneta adaptada para o desprazamento de persoas con discapacidade a FADEMGA FEAPS GALICIA, Federaci—n que engloba a m‡is de 40 entidades galegas que ofrecen os seus servizos a persoas con discapacidade intelectual. No momento da firma do convenio entre o Director Xeral da entidade, D. JosŽ Luis MŽndez e o presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, D. Julio Corti–as L—pez, destacou a presenza do Vicepresidente da Xunta de Galicia, D. Anxo Quintana.

A colaboraci—n que Obra Social Caixa Galicia ven mantendo con FADEMGA FEAPS GALICIA Ž constante e con esta nova furgoneta adaptada xa son 24 os veh’culos que a entidade galega cedeu a FADEMGA dende o ano 2001 para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual dentro do proxecto ŇAs barreiras do transporte ÁQue non te deixen na casa!Ó. Este veh’culo adaptado ir‡ destinado a cubrir as necesidades de transporte de persoas con discapacidade no Servizo de Respiro Familiar que FADEMGA ofrece ‡s entidades federadas as’ como a Concellos galegos dentro do Programa de Apoio e Respiro Familiar (PARF).

Este Servizo de Respiro Familiar, que cada ano beneficioa a unha media de 135 persoas con discapacidade e a 132 familias, ofrece ‡s familias a posibilidade de que as persoas con discapacidade intelectual este–an — coidado de profesionais durante estancias curtas, longas, de fins de semana e apoios puntuais (canguros).
 
VER ÍNDICE
VOLVER

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: info@noticiasgalicia.com.-Optimizada para 800 x 600 píxels.