|
Traballadores
de Calvo se manifestarán o vindeiro día 11 de novembro en Carballo
noticiasgalicia.24/10/06-
A Federación galega de Traballadores Agroalimentarios (FTA-UGT) mantivo,
xunto con CIG, CC.OO. e CUT, mantiveron unha xuntanza co fin de organizar
e planificar a loxística da manifestación que terá lugar o vindeiro
día 11 en Carballo en defensa dos postos de traballo en Calvo.
Acordaron que esta manifestación sairá ás 17.00 horas da praza de
Vigo para rematar na praza do Concello e que transcorrerá baixo o
lema, que aparecerá na pancarta que encabezará a mobilización, "Polo
mantemento do emprego no grupo Calvo".
Asemade, nesta xuntanza decidiuse que ao longo destes días UGT abrirá
unha serie de contactos cos concellos da comarca de Muros (Carnota,
Outes, Noia, Mazaricos e o propio Muros).
Estes mesmos contactos desenvolveranse, coa colaboración de todos
os sindicatos, nos concellos da comarca de Bergantiños (Carballo,
Malpica, Laracha, Laxe, Cabanas de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco).
Lembrar que as plantas que Calvo ten en Galicia están emprazadas nos
concellos de Carballo e Muros (Esteiro), o que explica os contactos
programados.
Contactos que teñen como finalidade a petición dunha resolución de
apoio nos plenos de cada un dos concellos nomeados á continuidade
da familia Calvo ao fronte do grupo, co apoio de entidades financeiras
galegas e sempre coa implicación da Administración galega.
Os resultados e decisións adoptadas nesta xuntanza serán trasladados
aos traballadores de Calvo en asemblea e aos comités de empresa.
|
|
|