noticiasgalicia.com
   

Gadisa

Gadis conmemra o día das letras galegas con accións para difundir a cultura galega e o fomento da lecutura nos cativos

O director de Comunicación de GADISA, Xosé Luis Fernández Astray, e o director de Marketing, Antonio Cortés, presentaron hoxe as iniciativas de apoio e difusión da literatura e cultura galegas que pon en marcha a empresa coincidindo cá celebración do Día das Letras Galegas. Así, Supermercados Gadis reparte dende o 6 de maio 4 millóns e medio de bolsas cun poema impreso de Manuel Lugrís Freire, autor ó que se lle adica o 17 de maio. Con esta iniciativa única en Galica, esta empresa galega faise eco nun soporte da vida cotián, como son as bolsas, do poema ³Fragachán², un dos máis representativos da obra deste escritor e xornalista.

Co obxectivo de apoiar e difundir a cultura galega, GADISA fai chegar un pedazo da obra de Manuel Lugrís ós clientes de tódolos seus establecimentos da cadea de Supermercados Gadis en Galicia, convertindo en vehículo cultural as bolsas. Asimesmo, para fomentar o hábito de lectura en galego entre os máis pequenos, Supermercados Gadis repartirá 10.000 exemplares do relato corto ³Tomás o parvo² de Xosé Díaz Dopico, dirixido a nenos entre 7 e 12 anos. Para conseguir un dos 10.000 libros de ³Tomás o parvo² só é necesario acercarse a calqueira dos establecimentos da cadea de Supermercados Gadis de Galicia o 16 de maio e realizar unha compra de calquera importe, ata fin de existencias.

O relato de Xosé Díaz Dopico, que tamén estivo presente no acto, é a historia de superación persoal dun neno que, orfo de pai, vive coa súa nai e seu avó cego, ó que coida e acompaña cando remata de axudar á súa nai nas tarefas da finca onde traballan na Galicia dos anos cincuenta. ³Tomás o parvo² ensínanos que valores como a tolerancia, a responsabilidade social e o esforzo son fundamentais para o progreso. Dada a boa acollida que tivo a iniciativa de regalar libros en anos anteriores, Supermercados Gadis pon en marcha esta acción por cuarto ano consecutivo. En anos pasados, regalou os contos ³Unha aventura con historia², ³As travesuras de Antón² e ³Lula e a folla milagreira². GADISA está consolidado como líder de distribución do Noroeste peninsular con máis de 500.000 clientes que tódolos días visitan os seus 437 puntos de venta, que se reparten entre 190 Supermercados Gadis, 201 Claudio, 10 centros comerciais Haley, 12 Cash IFA e 24 establecimentos San Luis. . .


noticiasgalicia.com. 11/05/06
 
ÍNDICE EMPRESAS
VER OTRAS

©Galicia en PáXinas S.L. Todos los derechos reservados.-E-mail: info@noticiasgalicia.com.-Optimizada para 800 x 600 píxels.