|
noticiasgalicia.- A
Concellaría de Servizos Sociais, a través da Casa da Xuventude, e a
de Cultura, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organizan
a primeira edición do certame fotográfico "AREStora Entroido",
unha iniciativa coa que o goberno local de Ares pretende potenciar
a fotografía nunhas datas tan festivas como éstas entre a mocidade.
Poderán participar neste concurso todos os rapaces e rapazas con idades
comprendidas entre os 12 e os 35 anos, que deberán presentar as súas
obras, de temática libre pero sempre vencelladas co Entroido, na Casa
da Xuventude o una OMIX (Alianza Aresana) entre os días 6 de febrero
e 2 de marzo. Cada autor terá a posibilidade de presentar ata tres
imaxes en branco e negro ou en cor, cunha resolución de 1280x1024 (resolución
estándar) e acompañada do soporte informático en formato JPG e TIFF
da obra ou obras presentadas.
Así mesmo, as obras terán que ir acompañadas dun sobre pechado cos
datos persoais do autor ou autora no seu interior, que levará por fora
o pseudónimo das fotografías. As imaxes tamén poderán ser presentadas
na dirección de correo fotografiares@concellodeares.com. O primeiro
premio consistirá nun xogo de última xeración, a escoller entre "Play
Station 3" ou "Xbox 360". O segundo será un permiso
de arrendamento por dúas semanas dunha destas consolas cun xogo incorporado,
mentres que o terceiro será un permiso de arrendamento, tamén por dúas
semanas, dunha "Nintendo Wii" cun xogo incorporado. As persoas
que queiran consultar as bases completas poderán velas na Casa da Xuventude.
|