banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

A Casa da Cultura acolle venres a representación teatral da obra "Hildegart" a cargo de Tremoia

 

noticiasgalicia.- A concelleira de Cultura e Educación, Eva Olmo, informou esta mañá do inicio da actividade cultural para o mes de febreiro coa representación teatral da obra "Hildegart" na Casa da Cultura. O pase celebrarase este venres, ás 20,30 horas, e o prezo da entrada é de dous euros. Os veciños e veciñas interesados en acudir á sesión poden mercalas na propia Casa da Cultura, pola mañana de 9 a 14 horas e, pola tarde, de 17 a 20 horas. "Hildegart" está pensada para un público maior de 12 anos e recrea a historia da moza ferrolá do mesmo nome. O 9 de xuño de 1933 un crime convulsionou á opinión pública española.

Aurora Rodríguez Carballeira asasinou de catro tiros á súa filla mentras esta durmía. A moza, de só 18 anos, era unha das mulleres máis destacadas da recén nacida II República. Pero, ¿que se agocha detrás de aquelas páxinas de sucesos? Tremoia, una compañía de teatro afecionado, responderá a esta pregunta en Neda.

Visita escolar á Biblioteca Por outra banda, a concelleira de Cultura, Eva Olmo, explicou que tamén o venres, pero pola mañá, desenvolverase unha visita guiada polas instalacións da Biblioteca, que este mes cumpre 30 anos de vida, por parte dos estudantes do colexio Belén, de Ferrol. A actividade enmárcase no programa de visitas que de forma estable desenvolve o centro para fomentar a lectura e dar a coñecer este espazo destacado. En torno a medio centenar de alumnos acudirán a Neda esa xornada. A media mañá comezarán cun percorrido no que o bibliotecario, Manuel Pérez Grueiro, invitaraos a viaxar por A cidade dos libros, e rematará cun taller de contacontos e xogos de palabras nos que nenos e nenas serán os principais protagonistas.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad