|
noticiasgalicia.-
O Concello de Fene ven de aprobar as bases que rexerán as axudas ás
comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido
2012 (poden consultarse na páxina web http://www.fenecidadan.net).
Para poder optar ás axudas reguladas nestas bases, cómpre formalizar
a inscrición da comparsa e presentar toda a documentación requirida
no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9.30
a 13.30 horas, e os sábados de 9.30 a 13.30 horas; con anterioridade
ás 13.00 horas do venres 17 de febreiro de 2012. O Concello resérvase
o dereito de non admitir a inscrición daquelas comparsas que en anos
anteriores non acreditaran os mínimos de calidade e orixinalidade do
seu vestiario.
Destínanse un total de 4.400 euros para axudas ás comparsas. Distribuiranse
en base a un fixo por comparsa participante e, a contía restante, en
función de criterios como características da mesma (infantil, adultos
ou mixtas), número de membros, temática, vestimenta e posta en escena.
As comparsas que opten a estas axudas acompañarán ao Entroido nos actos
programados para o mércores día 22 de febreiro de 2012 e que comenzarán
cunha concentración ás 17.30 horas na Rúa Cádavo (fronte ao establecemento
Aguilar).
|