El Tiempo

O grupo D'Nash, elixido pola cidadanía a través do sistema de Festas Participativas, ofrece mañá un concerto gratuíto na praza de España

noticiasgalicia.- O grupo D´Nash ofrecerá MAÑÁ na praza de España un concerto no marco das Festas de Verán programadas polo Concello de Ferrol. Completamente gratuíto, dará comenzo ás 22.00 horas e tal e como destacou esta mañá a concelleira de Festas, María López, será a primeira das actuacións que acollerá a cidade das elixidas este ano polos cidadáns e cidadás a través do sistema de Festas Participativas -ocupou o terceiro lugar na listaxe de grupos votados, detrás do grupo local El Viejo Caracol, que actuará este venres-. Animación a pé de rúa e un espectáculo musical infantil completarán a programación festiva de mañá. En canto á xornada de HOXE, o acto central das festas será un Festival de Hip-Hop, que se celebrará a partires das 20.00 horas na Praza de España.

Tamén de entrada gratuíta. E pensando nos máis novos da casa, regresarán ao Cantón de Molíns as atraccións de feira. Xa polo miúdo, a edil María López informou de que serán catro grupos emerxentes, 100% da comarca, os protagonistas desta actuación. Un deles, Comando Parke, foi elixido o mellor grupo de hip-hop independente deste ano 2010 e ao longo do verán ten programada un xira que os levará por diversas cidades de Galicia, entre elas, Ferrol. Formado no ano 2004 e integrado por Baf Alonzo -un dos pioneiros do rap en Galicia-, Abi Rush e Chalo Rodríguez, será a formación estrela do cartel. "Nuestras aceras", "3 horas", "Instinto animal", "Mi juego", "La Fe Cops", "Por nosotros" e "Cristales y Resina" son os seus traballos discográficos, nos que a oscuridade e o olor a rúa constitúen o seu sinal de identidade. Xunto a Comando Parke subirán ao escenario da Praza de España outras tres formación de hip-hop: Opone Show, Cheyo ft Koston e Sask Grj. Tamén ás 20.00 horas haberá un novo espectáculo musical, nesta ocasión na praza de Amboaxe e terá como protagonista a Cé, Orquestra Pantasma.

O cartel festivo de hoxe luns completarase coas atraccións infantís de feira, pensadas para os máis pequenos da casa, que este mércores poderán gozar da Hora Feliz (entrada gratuíta) entre as 16.30 e as 17.30 horas. Respecto ao cartel festivo de MAÑÁ, MARTES, a actuación estelar virá da man de D'Nash, agrupación constituída no ano 2005 que fixo o seu debú co disco "Capaz de todo", pero que alcanzou a súa fama principalmente pola súa participación no festival de Eurovisión de 2007, cando representaron a España co tema ³I love you mi vida". O seu segundo álbum, "Todo va a cambiar", saíu en decembro de 2007, sendo o seu primeiro single a canción titulada "Amanda", unha adaptación en español do tema do sueco Jimmy Janson, escrito polo mesmo compositor de "I love you mi vida".

Actualmente este grupo vocal que naceu como un cuarteto está constituído, tras a marcha de Ony, un dos seus compoñentes iniciais, por Basty (Esteban Piñero), Mikel (Miguel Hennet Sotomayor) e Javi (Francisco Javier Álvarez). Así mesmo, María López destacou a celebración, mañá, do espectáculo musical infantil "Elixir máxico", que representará na praza de Armas Troula Animación. Será a partires das 20.00 horas.

Unha hora máis tarde, ás 21.00, esta mesma agrupación percorrerá as rúas do centro de Ferrol co pasarrúas ³A invasión pirata². Partirá da Praza de España e realizará un percorrido que os levará polas rúas Real, praza de Armas, Dolores, Amboaxe, Real, Armas, Terra, Cantón de Molíns, Manuel de Cal, Carme e Dolores, para finalizar na Praza de España-.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas

Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@noticiasgalicia.com
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
. Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad