banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

O Concello de Neda inicia os cursos gratuítos de informática a nivel iniciación

 

noticiasgalicia.- Neda, 17 de setembro de 2012. O Concello de Neda, a través da Concellería de Educación e Cultura, anunciou esta mañá o inicio dos Cursos de Informática na Casa da Cultura. Segundo explicou a concelleira de área, Eva Olmo, o programa está dirixido a persoas sen coñecementos previos, xa que se trata de cursos de nivel iniciación.

Serán de 15 horas de duración, repartidas en dúas horas tres días á semana (luns, mércores, venres). Impártense en dúas quendas, de mañá (de 10 a 12 horas) e de tarde (de 17 a 19 horas), na Aula de Informática da Casa da Cultura e os grupos están limitados para facilitar a aprendizaxe. Participan unha vintena de persoas.

A asistencia aos cursos de informática nivel iniciación é completamente gratuíta e forman parte da oferta de actividades que organiza o Concello na Casa da Cultura. Así mesmo, a responsable de Educación e Cultura sinalou que os cursos son posibles grazas ao convenio de colaboración asinado recentemente entre o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o responsable da Fundación de Estudios e Análises (FESAN), Francisco López Cañas.

A través do mesmo, catro alumnos do curso "Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos" completan a acción formativa con prácticas non laborais. Trátase dun curso de formación ocupacional do plan AFD que impulsa a Consellería de Traballo e Benestar Social para facilitar a inserción laboral de persoas desempregadas. A través do mesmo, lógrase mellorar a formación polo contacto co ambiente real de traballo e, nesta liña, o Concello de Neda apoia e colabora na impartición dos contidos prácticos de dito curso.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad & noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad