|
noticiasgalicia.-
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, desprazouse
á Coruña para manter unha reunión coa conselleira de Sanidade, Rocío
Mosquera, quen no transcurso da mesma anunciou ao rexedor socialista
o compromiso de licitación das obras do centro de saúde en próximas
datas, o que supón construcción do inmoble no exercicio de 2013. O
prazo de execución dos traballos é de once meses, cun orzamento de
licitación que ascende a 2.263.000 euros.
Este anuncio ven en confirmar a execución dunha infraestrutura prioritaria
para os veciños e veciñas de Ares nunha parcela anexa ao actual centro
de saúde que foi cedida polo Concello á Xunta para poder levar a cabo
a obra. Trátase, tal e como recordou o alcalde, da ubicación que reclamou
dende sempre tanto a cidadanía como o equipo de goberno, e fora rexeitada
polo grupo popular de Manuel Cendán, quen defendeu o seu traslado a
unha zona rural alonxada do caso urbano, en Pedrós, lugar onde os responsables
municipais impulsaron a construcción dunha cidade deportiva. Así, tras
a cumprimento por parte do Concello de tódolos trámites en tempo e
forma esixidos pola Consellería e o retraso sufrido no compromiso que
xa fora anunciado hai máis dun ano pola anterior titular do departamento,
as obras poderán ser licitadas no prazo aproximado dun mes. A actuación
proxectada suporá a modernización do actual centro de saúde, xa que
multiplicará por dous o espazo de pranta son as dúas parcelas- e por
otros dous de alzado.
O proxecto básico contempla, ademais, soto, baixo, primeiro andar e
baixocuberta- ata o de agora ten baixo e primeiro andar-. Os beneficios
non só redundarán no espazo senón tamén na mellora da prestación dos
servizos sanitarios con habilitación de salas de espera, administración,
arquivo, cinco salas de consulta, pedriatría separada do resto das
consultas- e área materno-infantil ou ciruxía ambulatoria, pensando
nas necesidades actuais dun municipio que veu incremantada notablemente
a súa poboación nos últimos anos. O alcalde amosou a súa satisfacción
por esta nova e subliñou que agarda que este compromiso da administración
autonómica se cumpra, e non como sucederá co anuncio que en setembro
de 2010 lle fixera a anterior titular do departamento de Sanidade,
Pilar Farjas, de licitación das obras ese mesmo ano, polo que confía
en que nesta ocasión a Xunta cumpra definitivamente coa execución dunha
infraestrutura prioritaria para o municipio pola que dende hai tanto
tempo se leva loitando.
|