 |
noticiasgalicia.-
A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presento
a Gala Benéfica "Xunt@s polo Sáhara"que se celebrará o sábado
16 de xuño no Pazo da Cultura de Narón, organizada pola asociación
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A recadación desta gala se destinará
íntegramente a financiar o desprazamento e a estancia estival en Narón
dos nenos/as saharauis que forman parte do programa"Vacacións
en Paz".
Neste ano virán inicialmente ó municipio un total de 7 nenos/as saharauis
(o mesmo número que en 2011), a maioría deles (5) grazas ó convenio
de colaboración entre a asociación e o Concello. Pero existen aínda
outras dúas familias de acollida que estarían dispostas a participar
neste programa en Narón, aínda que o problema é a escasez de fondos
para asumir a viaxe. Esté é o motivo da Gala Benéfica, cuxas entradas
costarán 10¤ e están xa á venda nas taquillas do Pazo. A Gala incluirá
un concerto do artista Ramil, ex concursante de OT e orixinario da
comarca de Ferrolterra.
Tamén haberá unha exhibición de Bailes de Salón da Escola de Baile
do Padroado, e outra exhibición de Shakti Danza a cargo de Rosa Fernández
Salanova. O cantante Ramil participou hoxe na rolda de prensa, e anunciou
que na Gala Benéfica estará acompañado dun trío de músicos de jazz
cos que interpretará diferentes estilos musicais, dende o fado ata
o propio jazz, pasando pola canción galega e incluso o pop eou o swing.
A Concelleira de Acción Social explicou que "o momento económico
no que nos atopamos en España é difícil pero pensamos que con iniciativas
coma ésta, totalmente altruista, podemos seguir axudando ós máis desfavorecidos";
sinalou Catalina García. Pola súa parte, Maite Pagán, delegada da Asociación
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, agradeceu ó Concello e ó cantante
Ramil a súa colaboración desinteresada para facer realidade este proxecto.
|