El Tiempo

'El Arrebato' inundará de rumba-pop o Porto de Ferrol o vindeiro 17 de setembro nun concerto gratuíto de Xacobeo 2010

noticiasgalicia.- Dentro da programación deseñada para o Camiño da Música de Xacobeo 2010, o sevillano El Arrebato ofrecerá un concerto gratuíto no Porto de Ferrol o vindeiro 17 de setembro a partir das 21.30 horas. Con este concerto, Xacobeo 2010 reafirma o seu compromiso de achegar contidos que satisfagan os gustos de todos os públicos, independentemente da idade, neste caso cunha actuación dun dos artistas máis populares do panorama musical nacional.

En oito anos de carreira, Javier Labandón, máis coñecido como El Arrebato, lanzou cancións como Búscate un hombre que te quiera, Duele, Ojú lo que la quiero ou Poquito a poco. O cantante de rumba-pop e flamenco publicará no mes de setembro o seu novo disco Lo que el viento me dejó, que conta con 12 novos temas e que ten como primeiro single No lo entiendo.

Con amplo recoñecemento popular, El Arrebato conta con máis dun millóns de discos vendidos e 125.000 descargas dixitais do Himno del Sevilla, polo que recibiu seis discos de platino e que se mantivo varias semanas no número un das listas de singles máis vendidos.

Pero antes do seu primeiro disco, o sevillano levaba case 14 anos na música cando en 2001 publicou o álbum Poquito a poco, aínda que o seu recoñecemento definitivo chegou co traballo Que salga el sol por donde quiera, elixido mellor disco do ano por votación popular en TVE e do que vendeu máis de 300.000 exemplares.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas

Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@noticiasgalicia.com
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
. Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad