banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

A escritora Eli Ríos mistura cociña e literatura no primeiro obradoiro cultural de Letras Vivas

 

noticiasgalicia.- A Casa da Cultura de Neda acolleu esta mañá o primeiro obradoiro do ciclo Letras Vivas, organizado conxuntamente entre Concello e Xunta de Galicia. A edil de Educación e Cultura, Eva Olmo, sinalou que unhas dez mulleres da localidade participaron na actividade, que impartiu a escritora Eli Ríos.

Consistiu nun taller de técnicas literarias baseado nunha fórmula realmente novidosa, xa que as participantes analizaron os procesos de creación a través da elaboración de diferentes platos. Así, Eli Ríos descubriu ás asistentes os recursos literarios nos procesos de creación a través dos alimentos. Chegar á literatura a través da cociña. Provocar sensacións.

E, para isto, as participantes elaboraron e degustaron os seus propios pratos valéndose dun microondas. A iniciativa enmarcouse na programación cultural do Concello para o mes de febreiro, á súa vez centrada na conmemoración dunha data moi especial: o 30 aniversario da Biblioteca Municipal da localidade, un dos primeiros centros públicos de lectura da comarca. Unha data que, tal e como lembrou esta mañá a edil Eva Olmo, o Concello celebrará cun acto cidadá o próximo día 17, no que se descubrirá unha praca conmemorativa e se entregarán libros aos asistentes.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad