banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
          google callejero cine trafico labolsa

IU organiza unha reivindicativa e festeira noite das Letras Galegas

 

noticiasgalicia.- Esquerda Unida convida a cidadanía ferrolá a participar nunha noite das Letras Galegas, que vai ter lugar no pub Cazadores, un clásico da nosa cidade, para reivindicar nun ton que mistura o festeiro e o reivindicativo o valor da nosa lingua e cultura. Esta actividade forma parte do conxunto de mobilizacións que EU prepara co gallo do Día das Letras Galegas e que culmina coa participación na mobilización nacional en Compostela o vindeiro día 17 der maio.

O acto para reivindicar o valor de vivir en galego vaise realizar no pub Cazadores, este mércores, 16 de maio, vésperas do Día das letras Galegas, ás 22:00 horas, e contará coa participación de Xosé María Dobarro, que fará unha presentación xeral de Valentín Paz Andrade, persoeiro homenaxeado este ano, para logo seguir cunha pequena escolla de poemas a cargo de Guillermo Ferrández e Karlotti Valle. Esquerda Unida anima a nosa cidadanía a achegarse a unha actividade chamada a combinar a reclamación dos nosos dereitos lingüísticos e culturais cunha formula amena e de lecer nas vésperas dunha xornada para exercer os nosos dereitos lingüísticos e culturais como cidadanía crítica na manifestación nacional en Compostela.

Diante do meirande ataque á lingua e cultura galegas dende a transición democrática, Esquerda Unida considera necesario desenvolver e apoiar todas as iniciativas conducentes a procurar un futuro de igualdade para o galego, que mediante o desenvolvemento de políticas públicas ten que superar no medio prazo a condición de lingua minorizada na que se comprace en mantelo o PP.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Publicidad & noticiasdegalicia S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad