|
noticiasgalicia.-As
brutais obras para o "baleirado controlado" que están sendo
perpetradas pola Xunta na lagoa da Frouxeira, Humidal de
Importancia Internacional, LIC, ZEPA e ZEPVN, só poden cualificarse
de atentado ecolóxico.
Como é posíbel que unha administración, supostamente responsábel
deste espazo, poida desentenderse durante 2 anos da súa
xestión, incumprindo as súas obrigas de conservación sinaladas
nun acordo unánime polo Parlamento, cando foi pola súa neglixencia
que a lagoa sufíu as consecuencias de meter as palas? Como
pode entenderse que para solucionar un problema creado pola
súa incompetencia, agora a Xunta volte meter as escavadoras
neste espazo protexido?
Perante estes feitos, ADEGA apela ás imstancias internacionais
titoras deste espazo, a oficina Ramsar e a Comisión Eurpoea,
para que miren pola conservación deste espazo, patrimonio
natural galego, europeo e mundial, que nestes intres está
sendo agredido pola Xunta. Perante a gravidade da situación
criada no sitio Ramsar da “Lagoa e Areal de Valdoviño”,
ADEGA vén de solicitar á Oficina Internacional da Convención
RAMSAR:
-Que esixa aos organismos responsábeis da planificación
e xestión deste humidal protexido, "Lagoa e areal de Valdovño",
sitio Ramsar nº. 599, o cumprimento das súas obrigas no
referente á conservación e uso racional deste espazo, promocionando
e executando políticas de conservación efectiva. Solicitamos
tamén, que se lles esixa ás administracións responsábeis
que se paralice o sangrado e baleirado reiterado da lagoa,
feito sen xustificación técnica e legal algunha, e que as
medidas de xestión que se tomen tendan á reposición do estado
de conservación favorábel, depurando as responsabilidades
pola xestión irresponsable deste humidal protexido. [En
idénticos termos trasladamos tamén esta denuncia á Comisión
Europea].
-Que por parte deste organismo considérense nulos a todos
os efeitos as modificacións dos límites do humidal Ramsar
da "Lagoa e Areal de Valdoviño" establecidas no ano 2006
polo Ministerio de Medio Ambiente (Resolución de 17 de xaneiro
de 2006, da Dirección Xeral para a Biodiversidade, BOE nº
47, do 24 de febreiro de 2006), ao carecer este cambio de
xustificación científico-técnica, e respostar unicamente
aos intereses espurios de facilitar a urbanización de terreos
que nunca deberían ser urbanizados. En consecuencia, solicitamos
que se manteñan os límites do humidal establecidos na súa
declaración inicial por Ramsar.
-Que por parte de Ramsar Internacional avalíese a necesidade
de incluir o sitio Ramsar "Lagoa e Areal de Valdoviño" no
Rexistro de Montreux. Ao noso entender, neste humedal producíronse
alteracións sustanciais nas características ecolóxicas dende
o intre da súa declaración até a actualidade, como fica
patente nas denuncias que obran en poder da Secretaría de
Ramsar. Estas alteracións están directamente relacionadas
co descontrol urbanístico que sofre este humidal e os terreos
limítrofes, así como coa neglixente xestión que realizou
a Xunta de Galicia, e que supuxo a alteración do rexime
hidro-ecolóxico da lagoa.
-Que por parte deste organismo se esixa á Xunta de Galiza
e ao Ministerio de Medio Ambiente a posta en marcha dun
plano de conservación e estión deste humedal para garantizar
garantice a súa conservación e racionalice o uso e as actividades
humanas que poidan tener cabida nesta área.
|