O Concello inicia xestións para favorecer a acollida de nenos
saharauis maiores de 12 anos
|
noticiasgalicia.-
A concelleira de Benestar Social, Xuventude e Solidariedade,
Beatriz Sestayo, informou de que o seu departamento explora,
a través de xestións con varias ONGs, a posibilidade de que
nenos saharauis maiores de doce anos con algún tipo de discapacidade
física ou calquera outro problema médico que precise dunha atención
sanitaria continuada poidan ser acollidos por familias de Ferrol.
Actualmente o límite de idade para formar parte do programa
de acollida "Vacaciones en paz" sitúase nos doce anos,
motivo polo que, segundo expresou a edil, é unha mágoa que non
puidesen repetir experiencia nenos que o ano pasado estiveron
na cidade naval. Con isto preténdese que o programa ³non sexa
unicamente un parche² e os cativos continúen recibindo apoio
para a súa educación e inserción. Beatriz Sestayo avanzou esta
posibilidade no acto de despedida organizado este mediodía no
Concello para os once nenos saharauis que este verán participaron
no programa.
A edil manifestou que este momento conleva sentimentos contrapostos,
xa que á tristeza pola despedida se opón o feito de que con
esta iniciativa os pequenos, que viven nunha situación difícil
o resto do ano, poidan ter a oportunidade de acceder a mellores
servizos -sanidade e educación-, ademais de manterse por un
tempo alleos aos problemas que existen no seu lugar de orixe.
No acto, que tivo lugar no Salón de Recepcións do Concello,
os pequenos foron obsequiados con varios agasallos, entre eles
libros de Castelao e tamén xogos infantís de carácter educativo.
Porén, antes desta recepción, foron a nadar á piscina da Malata,
nunha actividade organizada polo Concello e que supuxo un grande
entusiasmo para os cativos. Por último, a edil quixo facer tamén
un chamamento para que o ano que vén sexan máis as familias
ferrrolás que participen no programa de acollida. |
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|