Ferrol
acolle a primeira proba do Circuito Sport Zone de surf e bodyboard
|
noticiasgalicia.-
O concelleiro de Deportes, Manuel Santiago, compareceu en rolda
de prensa para presentar a primeira proba do Circuito Sport
Zone Galiza nas modalidades de Surf e Bodyboard, que organizan
o Clube Grosso en colaboración coa cadena Sport Zone.
A cita será na praia de Doniños os vindeiros días 18, 19 e 20
de xullo. Así as cousas, Santiago destacou a importancia dunha
cita na que se promociona un deporte cunha forte pegada na cidade
como é o das olas. Asemade, o concelleiro subliñou a relevancia
destas dúas disciplinas deportivas tanto en Ferrol como no resto
da comarca a tenor do número de seguidores e practicantes que
ten e aproveitou para da-la benvida á firma patrocinadora porque,
dixo, "colabora e aporta moitas cousas ao deporte".
Respecto do contido da competición, Antonio Obenza, indicou
que se trata dunha proba aberta a tódalas idades. Finalmente,
o presidente do Clube Grosso explicou que paralelamente á celebración
do campionato se ofrecerán cursos gratuitos impartidos por monitores
do propio clube, exposicións de material e mesmo o sorteo de
agasallos. |
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|