FERROL
El Tiempo
O Concello adianta a campaña de praias 15 días co inicio do servizo de socorrismo

noticiasgalicia.- A concelleira de Seguridade e Protección Civil, Sandra Ríos, informou de que, a partires do vindeiro domingo, as praias de Ferrol contarán co servizo de salvamento e socorrismo.

Un feito inédito na cidade, xa que ata este ano a campaña de verán dos areais non arrancaba ata mediados de xuño. Adiántase así dúas semanas e, se o tempo acompaña, se extenderá outras dúas en relación ás previsións iniciais, que cifran o remate no 15 de setembro. Sandra Ríos explicou que serán 50 os socorristas que velen pola seguridade dos bañistas nas praias de Ferrol e destacou o feito de que, por primeira vez tamén, os socorristas de Ferrol teñan un contrato laboral co Concello.

Como non podía ser doutro xeito para un goberno de esquerdas, segundo indicou Sandra Ríos, o primeiro obxectivo que se marcou o departamento municipal que dirixe pasaba por recoñecer que este colectivo estaba a prestar un traballo en lugares de realizar un acto de voluntarismo. A coordinadora de Seguridade explicou que os socorristas nunca firmaran ata a data un contrato nin cotizaran á Seguridade Social e lembrou que o salario que percibían, sen contrato, era de 891 euros tomando como referencia o ano 2007.

A edil de Seguridade asegurou que o Concello non podía manter por máis tempo esta situación e o primeiro obxectivo foi abrir un proceso de contratación suficiente para cubrir as necesidades. Inicialmente o salario bruto establecido foi o de 800 euros. Unha cifra que se verá mellorada, segundo explicou Sandra Ríos, grazas a unha aportación económica procedente dos remanentes de Tesourería.

Esa mellora permitirá que os socorristas non só coticen á Seguridade Social coa firma do contrato senón tamén que perciban un soldo incluso superior ao do 2007. Serán 895 euros netos. Nesta liña, a edil Sandra Ríos quixo destacar o esforzo económico que realizará o Concello para conseguir normalizar unha situación pendente de solución que se viña arrastrando dende hai anos. Deste xeito, a cuantía que dirixirá a Administración local ao salario dos socorristas aumentará un 96,67% respecto ao ano pasado, xa que se pasará dun investimento de 111.375 euros a 219.038,75 euros. La


Si desea incluir información, (fotos, documentos, web...) envienosla a info@gpx.es
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.- E-mail: info@gpx.es. Optimizada para 1024 x 768 píxels
Aviso legal | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad