|
noticiasgalicia.-Partido
Socialista e Bloque Nacionalista Galego rexeitaron unha moción
presentada polo Partido Popular na que se demandaba o mantemento
do servicio de teleasistencia a novos usuarios, dado que o
servicio todavía non está sendo cuberto pola Vicepresidencia
da Xunta de Galicia. Segundo explicou a deputada provincial
do PP, Anxeles Vázquez Mejuto, a Deputación subscribe dende
hai dez anos un convenio co Imserso e a Femp, e que permite
ofrecer o servicio de Teleasistencia nos municipios da provincia
de menos de 20.000 habitantes.
O PP propón que dito convenio se manteña en vigor na súa integridade
ata que a Vicepresidencia da Xunta de Galicia poida garantizar
de forma efectiva a prestación dese servicio, que na actualidade
non se está a prestar aos novos demandantes, dados os problemas
que están a xerarse na posta en marcha da nova Lei de Dependencia.
Segundo as explicacións ofrecidas pola deputada Ánxeles Vázquez,
en decembro do pasado ano, Vicepresidencia comunicou aos concellos
que as novas solicitudes do servicio de teleasistencia debían
tramitarse a través deste departamento da Xunta de Galicia,
sen que, ata o de agora, se teña dado resposta algunha a ningunha
dos solicitantes, a pesar de ter transcurridos xa seis meses.
|