|
noticiasgalicia.-
O Concello de Neda conmemorará este ano o Día das Letras Galegas cun
recital poético e un bookcrossing. Segundo explicou a concelleira de
Educación e Cultura, Eva Olmo, o recital poético en homenaxe a Valentín
Paz-Andrade celebrarase o próximo mércores, 16 de maio, na Casa das
Palmeiras. Nesta liña, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, invitou
á veciñanza a participar no mesmo a partires das 19 horas.
Poetas e poetisas de toda a bisbarra serán os encargados de dar lectura
aos textos do intelectual galego homenaxeado este ano. Así mesmo, o
Concello completa a programación de actos organizando unha nova sesión
de Bookcrossing. Nesta ocasión, o luns 14 de maio, ás 12,30 horas na
Aula Abalar do IES Fernando Esquío de Neda. Participarán todos os estudantes
do primeiro curso de ESO, medio centenar en total, en dúas quendas.
Ao respecto, a concelleira Eva Olmo agradeceu a colaboración de Novacaixagalicia
que, xunto coa Biblioteca Municipal, cederá as publicacións de narrativa
xuvenil en galego que se liberarán. A edil avanzou tamén que, con posterioridade,
o departamento de Cultura organizará unha nova sesión, esta vez con
membros do Clube de Lectura ³Fantasmas de papel², da Biblioteca do
IES Fernando Esquío. Por último, alcalde e edil invitaron á cidadanía
a participar no recital poético e celebrar, xunto ao Concello, o Día
das Letras Galegas.
|