viernes. 19.04.2024

O Concello de Padrón vén de activar unha escola municipal de idiomas para a ensinanza de inglés orientada a todos os veciños de máis de 3 anos de idade tras asinar un acordo de colaboración coa empresa get brit!, que está especializada neste tipo de actividades formativas con máis de 250 centros e 20.000 alumnos en toda España e que conta co certificado ISO 9001:2008 na xestión integral destas escolas municipais de linguas estranxeiras.

 

Esta actividade educativa, que arrancará de xeito efectivo no curso académico 2017/2018, concretouse tras unha xuntanza do alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, cun representante da empresa. Get brit! abrirá durante os meses de xuño e xullo o período de matrícula, que terá un custe mensual de 30 euros e que inclúe distintos niveis que van desde os 3 anos de idade ata as clases intermedias para adultos.

 

As persoas interesadas, que deberán realizar as probas de nivel durante estes meses para o seu encadre nos grupos correspondentes, poden formalizar a súa matrícula a través do Concello de Padrón, do telefóno de get brit! 981 811 329 ou do enderezo electrónico [email protected].

 

Tras o curso, os alumnos da escola de idiomas de Padrón poderán presentarse a un exame oficial propio no municipio, xa que a empresa é Centro Preparador de Cambridge, entidade que recoñece e acredita os coñecementos de inglés dos participantes ante organismos públicos e privados de acordo co Marco Europeo de Referencia das Linguas.

Padrón activa unha escola municipal de idiomas para o vindeiro curso en colaboración...