viernes. 29.03.2024

Dous rapaces escoitan a seu avó contar historias de medo. Asustados , pídenlle que deixe a un lado o terror e lles narre outras peripecias. É así como o ancián se enfrasca na historia da batalla de Casaldeirigo, un relato que aos mozos lles parece incrible, unha lenda sen visos de realidade.

 

Pero esa noite, mentras durmen, os dous pequenos soñan que eles son os protagonistas da batalla; que se están batindo corpo a corpo co exército francés.

 

Este é o argumento da obra de teatro “Unha aldea guerreira”, que o vindeiro sábado se representa en Casaldeirigo a partir das 20 horas, dentro dos actos de recreación da batalla da Guerra de Independencia que se librou no lugar en 1809.

 

Pero ben podería ser a historia da súa autora, a moza Marcela Rodríguez, veciña de Gándara (Cordeiro), que aos seus 16 anos xa é toda una experta na recreación deste cruento enfrentamento entre as alarmas e o os soldados napoleónicos.

 

Seus pais son membros da asociación Heroes de Casaldeirigo, de aí que Marcela leve participando activamente na batalla dende ben pequeniña. Agora, aos 16 anos de idade convértese na autora galardoada co premio de teatro “A Guerra da Independencia en Valga”.

 

É a súa primeira obra, pero ven de vello a súa afición pola narrativa. Xa ten participado, e nalgunha ocasión gañado, concursos de relatos e esta facilidade para á escritura xunto coa súa imaxinación deron como resultado “Unha aldea guerreira”, unha peza que mestura humor, amor e loita.

 

Son unha quincena os actores que participan na obra, entre membros da Escola Municipal de Teatro e veciños de Casaldeirigo e doutros lugares de Valga. Levan ás súas costas semanas de ensaios, primeiro no Auditorio e agora xa nas inmediacións da Capela da Saúde, para que o sábado todo saia segundo o guión. A representación, dirixida por Manuel Solla, pode verse de forma gratuita este sábado, 27 de maio, a partir das oito da tarde.

 

valga-2
valga-3
valga-4
valga-5

Quince veciños de Valga representan o sábado en Casaldeirigo a obra de teatro "Unha...