PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Valga, entre os concellos de Galicia nos que máis medra o emprego xuvenil

Miércoles, 11 Julio 2018 12:32
Valora este artículo
(0 votos)
por

Valga é un dos concellos de Galicia no que máis emprego xuvenil se ten creado nos últimos anos, segundo se desprende dos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre as afiliacións á Seguridade Social. En marzo do ano 2015 eran 303 as persoas menores de 30 anos con residencia en Valga afiliadas á Seguridade Social en situación de alta laboral, unha cifra que nos tres últimos anos medrou ata os 331 mozos cotizantes que se contabilizaron en marzo de 2018, último mes do que se teñen publicado datos.

 

Isto supón un crecemento do 9'24% no último trienio, superior ao da media galega que foi dun 2'94% no mesmo período. Segundo os datos estatísticos do IGE, só un de cada tres concellos galegos é capaz de crear emprego xuvenil. No caso de Valga, o repunte da actividade industrial é un dos factores clave nesta subida, así como a adaptación da oferta formativa ás necesidades e demandas dos sectores produtivos, o que favorece a inserción dos mozos no mercado laboral. Exemplo disto é a FP Dual que se ten implantado no IES, primeiro cun Ciclo Superior de Construccións Metálicas de dous anos de duración, e na actualidade cun Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería que compaxina as clases teóricas no instituto coa realización de prácticas remuneradas nunha decena de empresas do municipio e da contorna.

 

"Os alumnos que participaron no Ciclo Superior de Construcións Metálicas están todos traballando, mentras que os resultados do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería están a ser tan bos que se vai ampliar no vindeiro curso coa entrada dunha nova remesa de estudantes en condicións aínda máis vantaxosas", destaca o alcalde, José María Bello Maneiro. "Os resultados confirman que se está acertando á hora de elixir os ciclos que se imparten no IES e que iso está a beneficiar a empregabilidade dos mozos de Valga", engade.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates