sábado. 20.04.2024

A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (Atrifoga) reclama a prolongación dos seus contratos de 3 a 9 meses

O colectivo comprende a 436 traballadores públicos do Servizo de Incendios da Consellería do Medio Rural (SPDCIF) de diferentes categorías (Enxeñeiros técnicos forestais, Brigadas helitransportadas, Condutores de motobombas, Vixiantes fixos, Emisoristas e Codificadores) en toda Galicia e nace de xeito espontáneo, independente e sen ningunfa filiación ideolóxica ante o desamparo legal fronte á Administración e pola marxinación da maioría das forzas sindicais.

O colectivo comprende a 436 traballadores públicos do Servizo de Incendios da Consellería do Medio Rural (SPDCIF) de diferentes categorías (Enxeñeiros técnicos forestais, Brigadas helitransportadas, Condutores de motobombas, Vixiantes fixos, Emisoristas e Codificadores) en toda Galicia e nace de xeito espontáneo, independente e sen ningunfa filiación ideolóxica ante o desamparo legal fronte á Administración e pola marxinación da maioría das forzas sindicais.

 

Os traballadores teñen un tipo de contrato “blindado” de tres meses como máximo para efectuar os seus labores de extinción nos lumes - só nos meses do verán - o cal , non lles permite facer substitucións o resto do ano nin realizar traballos de prevención e sofren desprotección social ao estar limitados para acceder a diversos subsidios de desemprego e a algúns plans de formación, creándose situacións de precarización, inestabilidade e desigualdade laboral e permanecendo excluídos do V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia. O seu contrato está considerado como fraudulento en base a informes de Inspección de Traballo e a diversas sentenzas xudiciais.

 

ATRIFOGA denuncia a tendencia da Consellería á progresiva privatización e á segmentación do Servizo de Incendios en diferentes e numerosas entidades: públicas, públicas con xestión privada, privadas, municipais, comarcais, civís e militares, o que repercute - negativamente - na súa coordinación, operatividade e seguridade á hora de loitar contra os incendios forestais.

 

Avoga por un Servizo de Incendios único, público, igualitario e profesionalizado que reduza o alto custo que supón as angueiras de extinción. Consideran que o capital humano que aportan é un gran recurso que pode ser empregado para desempeñar as necesarias e básicas tarefas de prevención e protección da masa forestal galega en base ao aumento e á diversificación das súas funcións; pola súa contrastada experiencia (algúns deles levan concatenando entre 15/20 campañas), eficacia e formación.

 

Asemade, convén resaltar o factor de desestacionalización dos lumes forestais, xa que non só arde no verán, senón noutras estacións e a súa continuidade no tempo debido ao cambio climático, o que fai preciso a súa contratación o resto do ano.

 

Por outra banda, a Administración podería utilizalos como persoal de emerxencias - segundo a Lei do Sistema Nacional de Protección Civil 17/2015 do 9 de xullo - para accidentes (como, no pasado, aconteceu no caso do naufraxio do Prestige, por exemplo ), calamidades ou catástrofes.

 

Habería que engadir, tamén, a intervención nos lumes interface, nos que as zonas urbanas ou edificacións entran en contacto coas zonas forestais, que se caracterizan polo risco e vulnerabilidade que representan cara ás persoas, aos bens materiais e ao medio ambiente.

 

Por todo iso, requiren a prolongación dos seus contratos a nove meses para ter a consideración de persoal fixo descontinuo como está recollido no Convenio Colectivo e optar a un contrato digno.

 

ATRIFOGA ten un marcado carácter de defensa do ámbito forestal e de compromiso ecolóxico facendo fincapé nas políticas de prevención, que habería que realizar fóra da época de alto risco para evitar ou paliar os efectos destrutores dos lumes e minimizar as perdas económicas, ecolóxicas, sociais e , mesmo,no patrimonio etnográfico e arqueolóxico mediante accións conducentes: á educación, concienciación e á sensibilización medioambiental (erradicando a denominada “cultura do lume”) , á ordenación e á planificación do terreo, á colaboración cos propietarios forestais e coas Comunidades de Montes, a adoptar medidas que aminoren o abondono do Rural, a resgardar os espazos naturais protexidos e a Rede Natura, ao aproveitamento da biomasa, ao pulo da bioeconomía e da biodiversidade e a pór en valor e xestionar a riqueza forestal, fomentando a produtividade do monte con silvicultura e criterios de sostibilidade

 

 

Atrifoga abriu unha petición en change.org para recadar firmas, se queres darlle o teu apoio, fai clic aquí 

A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (Atrifoga) reclama a...