PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Padrón arranca a Pascuilla coa clásica de Ciclismo, a homenaxe a nove persoeiros e o festival das bandas.

Viernes, 21 Abril 2017 16:44
Valora este artículo
(0 votos)
por

+O Concello de Padrón vai pechar as súas festas de Pascua 2017 esta fin de semana coa tradicional celebración da Pascuilla, que inclúe un total de 21 actividades espalladas entre as xornadas de sábado e domingo e nas que destacan a 55ª Clásica de Pascua de Ciclismo, a homenaxe anual do Concello e da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón a nove persoeiros ou entidades e o IX Festival de Bandas Capital do Sar.

 

Deste xeito, o Concello vai manter o operativo turístico especial, con persoal especializado en distintas áreas para atender ao público, que se abríu o pasado Xoves Santo. O obxectivo é que tanto padroneses como visitantes poidan gozar da ampla programación coa máxima comodidade e atención, especialmente na xornada do domingo, xa que estímase que a vila podería acoller a unhas 25.000 persoas.

 

Deporte, música e fogos de artificio A xornada sabatina contará co campionato de fútbol sala, a I Ruta de Marcha Nórdica, a Xuntanza dos Amigos de Iria Flavia con lembranza aos finados e moita animación musical durante todo o día con Airiños de Meda, O Santiaguiño, Asociación Cultural San Pedro de Carcacía, o grupo Rosalía de Castro, Tíralle do Aire e, xa pola noite, as orquestras

 

Trovadores e Fórmula.

Os pratos fortes da xornada serán a 55ª Clásica de Pascua de Ciclismo, que contará coa participación de preto de cen deportistas e arrancará ás 16.00 horas coa chegada prevista ao Campo do Souto en torno ás 19.00 horas, e a gran exhibición de fogos artificiais a cargo de Pirotecnia López a partires da medianoite.

 

O domingo, que porá peche a 16 xornadas festivas da Pascua 2017, contará co desenlace do campionato de fútbol sala, animación musical con Airiños de Meda e os xigantes e cabezudos, A Arreixeira, BB+, O Pedrón e as orquestras Aché e América, xa na verbena de despedida.

 

Polo demais, a corporación municipal e a Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón xuntaranse ás 12.00 horas na praza adicada a esta entidade e de seguido dirixiranse ao Paseo do Espolón para depositar unha coroa de loureiro dirante da estatua de Rosalía de Castro acompañados pola música de O Pedrón e a Banda de Música Municipal de Padrón.

 

Os homenaxeados A continuación homenaxearase a Fernando Beteta (empresario de Aerosar), Antonio Blanco (hostaleiro xubilado do Bar Iria), Teresa Leal (perruqueira), José González (padronés afincado en Madrid), Luis García (secretario de Fillos e Amigos da Estrada), Eneida León (adestradora persoal e promotora da gala da loita contra o cancro), Carlos Pardal (empresario de Talleres Pardal), Casa Grobas (fundada en 1930) e Vermutería de Galicia S.L., Vermú Petroni. Xa pola tarde, ás 18.00 horas comezará o IX Festival de Bandas Capital do Sar na Praza de Macías coas actuacións das formacións de Catoira, Rianxo e Padrón, que estará dirixida por Braulio Cao.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO (20.000 visualizaciones / día)
Pontebonita Peluquería
https://www.facebook.com/pontebonitacaldas
Spa/belleza/cuidado personal

IDEXGA
http://idexga.es/
Soluciones gráficas para tu empresa

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates