jueves. 18.04.2024
A deputada Begoña Estévez e o alcalde, Horacio Gil, presentaron esta mañá a cita gastronómica, que terá como pregoeiro o popular Josemi Rodríguez Sieiro

Arbo espera recibir máis de 25.000 visitantes na LV Festa da Lamprea do 24 ó 26 de abril

O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, foi o escenario escollido para a presentación, esta mañá, da LV Festa da Lamprea de Arbo, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de abril. A deputada Begoña Estévez e o alcalde da localidade foron os encargados de desvelar algunha das novidades desta festa na súa 55 edición.

O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, foi o escenario escollido para a presentación, esta mañá, da LV Festa da Lamprea de Arbo, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de abril. A deputada Begoña Estévez e o alcalde da localidade foron os encargados de desvelar algunha das novidades desta festa na súa 55 edición.


A cita gastronómica máis emblemática da comarca volve celebrarse na última fin de semana de abril; ademais, recupera a Arbomostra, a feira multisectorial de referencia, que abrirá as portas da súa 21 edición o venres 24 de abril.


A Feira Agroindustrial e Artesanal da Bisbarra do Condado-A Paradanta contará cunha importante representación de adegas acollidas á DO Rías Baixas e restauradores, que ofrecerán degustacións de lamprea e viño a prezos populares. Tamén se poderán observar lampreas vivas en viveiros instalados para a ocasión e coñecer as últimas novidades do sector agroindustrial.


Máis de 25.000 visitantes


A Arbomostra é só unha das novidades e atractivos que presenta o "completo programa de actividades para todos os públicos" proposto polo Concello para a LV Festa da Lamprea, que este ano, en palabras do propio alcalde, "espera superar os 25.000 visitantes da pasada edición".


Nesta 55 edición Josemi Rodríguez Sieiro, o coñecido colaborador en diferentes medios de comunicación nacionais, será o pregoeiro dunha cita gastronómica na que se poderá desgustar a "mellor lamprea das Rías Baixas". Ó mesmo tempo, como manifestou a deputada Begoña Estévez, a festa constitúe "unha oportunidade para visitar a comarca do Condado-A Paradanta".


Con motivo desta cita gastronómica, ademais de veciños e visitantes de concellos próximos, serán moitos os turistas chegados doutros puntos de España e Portugal os que visiten a localidade e os arredores nesas datas. De aí "o interese de conseguir que a festa sexa declarada de Interese Turístico Nacional", asegurou Horacio Gil; en 2005 a Festa da Lamprea de Arbo acadou o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.


Festa para todos os públicos


A LV Festa da Lamprea de Arbo comezará oficialmente o venres 24 de abril, ás 17:30 h, coa inauguración de Arbomostra, e coa celebración da Gala da Lamprea no auditorio do Centro Multiusos, ás 20:30 h. A música de Rosa Cedrón e Xosé Manuel Budiño porá o broche de ouro á xornada nun concerto que terá lugar na praza do Mercado a partir das 23:00 h.


O día grande será o sábado 25. Logo da recepción das autoridades, Josemi Rodríguez Sieiro será o encargado de ler o pregón antes de que comece o xantar da lamprea. O domingo será a fin de festa, con diversas actuacións e actividades para todos os públicos.

Arbo espera recibir máis de 25.000 visitantes na LV Festa da Lamprea do 24 ó 26 de abril